26/4/13

Paul Auster (III)

Para celebrar o Día Mundial do Libro, esta semana organizamos no noso centro unha serie de actividades presididas polo tema común da lectura. Este ano eliximos a figura do escritor norteamericano Paul Auster así que, ademais de reler as súas obras, recopilamos información sobre a súa figura a través de fotografías, entrevistas, citas,...
  Nos recreos leváronse a cabo na Biblioteca lecturas dunha das súas obras, Smoke, e proxectáronse imaxes da película. Mañá continuaremos coas actividades e despois faremos un resumo de todos os traballos.
  A continuación podese ver unha pequena mostra da exposición que fixemos.



Pódese consultar tamén a Aula Virtual.

16/4/13

Paul Auster (II)

" A literatura é unha forza no mundo e non me imaxino a vida sen literatura. A vida sen arte é inimaxinable, pero como todos saben, cada vez hai menos lectores. Cada vez a literatura ten que competir con outras formas de lecer. Isto nunca me  preocupou, porque os libros teñen algo que non ten a música ou outras formas de arte:os libros  lense individualmente. Aínda que haxa un lector ou haxa un millón, sempre hai un lector e un libro. É unha relación un a un, autor e lector colaborando xuntos. E en certo sentido, é o único lugar do mundo onde dous estraños poden coñecerse e reunirse en termos de igualdade. A xente fala da  morte da literatura, pero eu creo que non se vai producir."
                                                                               Paul Auster


9/4/13

Un lenguaje nuevo

- [...] Mire, estoy en el proceso de inventar un lenguaje nuevo. Con semejante trabajo que acometer no puedo perder el tiempo con la estupidez ajena. En cualquier caso, todo forma parte de la enfermedad que estoy intentando curar.
-¿Un nuevo lenguaje?
- Sí. Un lenguaje que diga por fin lo que tenemos que decir. Porque nuestras palabras no se corresponden con el mundo. Cuando las cosas estaban unidas estábamos seguros de que nuestras palabras las expresaban. Pero, poco a poco, esas cosas se han ido rompiendo, despedazando, convirtiéndose en un caos. Y nuestras palabras han seguido siendo las mismas. No se han adaptado a la nueva realidad. Ahora, cada vez que intentamos hablar de lo que vemos, hablamos falsamente, distorsionando la cosa que estamos intentando representar.
Paul Auster, La ciudad de cristal.


LinkWithin