15/6/12

Pelegríns de papel


Queremos presentar hoxe unha actividade que nos parece interesante e que imos desenvolver ao longo do ano. Chámase Pelegríns de Papel. É o nome dunha biblioteca itinerante que irá pasando por diversos lugares para levar cerca da xente os libros e a lectura. Con esta iniciativa, Avanza Trasdeza busca promover o encontro e a participación dos cidadáns silledenses en torno á lectura.
  Dende a biblioteca imos facer un intercambio de materiais que pensamos vai contribuir a ao fomento da lectura.
  Pódese participar de moitas formas:
- Levando e lendo libros, ou doándonos algúns dos teus para a colección.
- Pedindo un Punto de Lectura para poñelo na túa casa ou no teu negocio.
- Asistindo ás actividades de animación á lectura que se organicen...
  Pasade pola biblioteca e collede o voso libro ( agora que está aí o verán semella un bo momento para disfrutar coa lectura).

LinkWithin