viernes, agosto 29, 2008

Novelas e-jemplares


Recollemos aquí unha serie de páxinas web relacionadas co mundo da lectura. Estas recomendacións debémosllas a Sergio Múñoz ( tvmás* , 22 - 28 de agosto) .

1.- DOMINIO PÚBLICO.

. http://www.gutenberg.org ( Hai máis de 20.000 volumes de libre acceso. En inglés).

. http://www.cervantesvirtual.com

. http://www.bne.es/BDH/index.htm

. http://bvpb.mcu.es ( Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico).

2.- TODO EL SABER.

. http://www.ulib.org ( Biblioteca Universal Dixital).

. http://www.ibiblio.org ( Da Universidade de Carolina do Norte).

3.- WIKI-LIBROS.

. http://es.wikisource.org ( Permite ler obras on-line ou descargalas).

. http://books.google.com

jueves, agosto 28, 2008

La cena

Divertida, aguda, conmovedora...son adxectivos que poderiamos aplicar,entre moitos outros, a esta película de Ettore Scola, La cena (1998) , onde non falta nin o ritmo nin a reflexión, a ledicia e a tristura, o bo e o malo.

A acción céntrase nun pequeno restaurante, nunha trattoría, á que van chegando unha serie de persoaxes para cear. Aí temos ó mestre, interpretado por Vittorio Gassman, que contempla o panorama dende a experiencia e que moitas veces intervén na acción para solucionar algúns problemas. Noutra das mesas está Lola, unha muller rodeada de homes que tratará de falar con todos eles e de aclarar certas situacións. Tamén aparecen unha nai e unha filla, moi distintas entre si, cunha conversa que vai ser fundamental nas súas vidas. Noutro momento chega un home que non sabe moi ben que facer e rapidamente é acomodado preto do mestre...
Flora, papel interpretado por Fanny Ardant, unha muller atractiva, alegre e elegante, é a alma deste microcosmos humano. Ela é a encargada das reservas, de acomodar á xente, e, en definitiva, de que todos se sintan a gusto. Sen embargo, a pesar das apariencias, non todo é tan perfecto como parece na súa vida, e debe tomar unha decisión importante .
É unha película para disfrutar do bo cine, que non defrauda, cun bo guión e momentos inesquecibles.

lunes, agosto 25, 2008

Palabras con memoria

O día 12 de xullo faciamonos eco no noso blog dunha interesante iniciativa que co título de Palabras en perigo de extinción pretende reivindicar termos que temos de noso na lingua para que non se perdan . Hoxe queremos lembrar algunha das palabras que se foron incorporando ultimamente a este listado e o seu significado:


- CAICOA : Igrexa.

- CALANGRO : Barranco, acceso difícil.

- CALTRIR : Sinónimo de filtrar.

- CALZUPOS : ( Ademais doutros significados xa recollidos) Calcetíns gordos de la.

- CAÑUFA : Caña, augardente.

- CARAPITO : Trenza do pelo.

- CAROLA : ( Ademais dos significados coñecidos e recollidos nos dicionarios ) Noz.
. Fonte consultada :
. La Voz de Galicia , Culturas (sábado,16 de agosto de 2008).

sábado, agosto 16, 2008

Poemas sobre o mar (7)


Un dos poetas que tratou o tema do mar ó longo da súa producción foi o chileno Pablo Neruda ( 1904-1973), todo un clásico na literatura amorosa que foi galardoado co Premio Nobel de Literatura no ano 1971. Elexín este poema que ocupa o lugar número 7 da súa obra Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), aínda que podería escoller calquera outro.


Inclinado en las tardes tiro mis tristes redes
a tus ojos oceánicos.


Allí se estira y arde en la más alta hoguera
mi soledad que da vueltas los brazos como un náufrago.

Hago rojas señales sobre tus ojos ausentes
que olean como el mar a la orilla de un faro.

Sólo guardas tinieblas, hembra distante y mía,
de tu mirada emerge a veces la costa del espanto.

Inclinado en las tardes echo mis tristes redes
a ese mar que sacude tus ojos oceánicos.

Los pájaros nocturnos picotean las primeras estrellas
que centellean como mi alma cuando te amo.

Galopa la noche en su yegua sombría
desparramando espigas azules sobre el campo.

viernes, agosto 15, 2008

Tirando del hilo


Probablemente non sexa esta a faceta máis coñecida de Carmen Martín Gaite (Salamanca,1925-Madrid,2000), a de articulista en varios xornais, pero é de agradecer a súa sinceridade e a amplitude de autores e obras que reseña nesta recopilación que abarca varias décadas.

Procurando sempre fuxir da pedantería, a autora presenta un amplísimo panorama da literatura da segunda metade do século XX ( os seus artigos comezan no ano 1949 e chegan ata o ano 2000). Atopamos referencias de clásicos e contemporáneos, comentarios sobre traducións ( por exemplo, a que aparece na páxina 216 sobre Las flores del mal de Baudelaire), biografías, novelas, contos, poemas... É partidaria , ó igual que Doris Lessing, de ler non por obrigación senon por pracer, sen imposicións : "Solamente hay una manera de leer, que es huronear en bibliotecas y librerías, tomar libros que llamen la atención, leyendo solamente ésos, echándolos a un lado cuando aburren, saltándose las partes pesadas y nunca leer nada por sentido del deber o porque forme parte de una moda" (páxina 237). Ela mesma aplica esta máxima da Premio Nobel cando le El cuaderno dorado.

Tamén cre que a crítica debe estimular a ler: "Concretamente, la crítica de libros no es nada si no estimula, aficiona e invita a leer" ( páxina 121, "Morir aprendiendo", publicado en Diario 16, el 18 de abril de 1977).

A min gústame especialmente o artigo que aparece nas páxinas 87-89 "Un tango bien cantado. El beso de la mujer araña" (publicado en Diario 16, el 10 de enero de 1977).

  • Tirando del hilo.
  • Autora: Carmen Martín Gaite.
  • Editorial Punto de Lectura, 703 páxinas.

domingo, agosto 10, 2008

Las Damas de Oriente

Este é un libro que tiña pendente dende hai bastante tempo e que me sorprendeu. Non imaxinaba que me ía atrapar como o fixo, do mesmo xeito que os países árabes fascinaron ás protagonistas destas historias. Inluenciadas pola lectura de "As mil e unha noites" , estas aristócratas británicas, decidiron dar un xiro nas súas vidas e coñecer un mundo totalmente diferente ó seu que lles ofrecía aventura, exotismo ... e estaba no polo oposto do que se supoñía debía presidir a súa existencia: ser presentadas en sociedade, aprender determinadas tareas, casar e vivir discretamente nun mundo de homes.

Cristina Morató documentouse exhaustivamente ó longo de dous anos e reconstruiu as vidas destas mulleres valentes que, ademais de cambiar a súa cómoda existencia por outra moi distinta , levaron a cabo importantes aportacións políticas, arqueolóxicas,...e non sempre tiveron o recoñecemento que debían.

Lady Mary Wortley Montagu ofreceunos descripcións minuciosas nos seus escritos e coñeceu a vida nos haréns en Estambul. Fixo tamén aportacións ó mundo da mediciña co sistema da inoculación contra a viruela, que entón causaba estragos entre a poboación.


Lady Hester Stanhope foi a primeira europea que chegou á cidade romana de Palmira. Valente e independente, estableceuse en Djoun, un convento nas montañas do Líbano.

Lady Jane Digby , políglota, casou cun beduino e estivo influenciada pola lectura de Eothen de A. William Kinglake.


Gertrude Bell aparece nunha fotografía tomada en 1921 entre W. Churchill e T.E. Lawrence ( Lawrence de Arabia) que reuniu ós maiores expertos do Imperio Británico. John Dos Passos comentou o seguinte sobre ela :"Tenía un increíble dominio de las lenguas de Oriente Próximo. Conocía todos los dialectos. Sabía al dedillo las historias tribales y familiares de los beduinos. Viéndola, no era difícil creer lo que nos habían contado de cómo llegaba en su avión a los campamentos árabes rebeldes y les soltaba tales rapapolvos en su propio dialecto que inmediatamente recogían sus tiendas y desaparecían" (páx. 236-237). Foi nomeada Secretaria para Oriente.
Tamén aparecen no libro Lady Isabel Burton, influenciada pola lectura de Tancredo de Disraeli, Freya Stark, que falaba nove idiomas e defendíase en turco, persa e kurdo, foi "la poeta del viaje", en palabras de Disraeli e Agatha Christie, que ademais da súa gran importancia na literatura policiaca, pasou longos períodos de tempo axudando ó seu marido, o arqueólogo Max Mallowan, nas excavacións que este realizou en diferentes países árabes.
  • Las Damas de Oriente (Grandes viajeras por los países árabes).
  • Autora: Cristina Morató.
  • Editorial de Bolsillo, 426 páginas.

martes, agosto 05, 2008

Poemas sobre o mar (6)

Neste repaso literario que estamos facendo este verán , seleccionamos hoxe este poema de Xohana Torres do seu libro Estacións ao mar ( 1980).

Primeiro foi o mar
dempois a pedra.
C.E. Ferreiro

Primeiro foi o mar, dempois a pedra.
¿Que quedará de nós?...Unha espuma levísima,
fado de Amalia para unha travesía.
¿Que loita de navíos? ...
¿Ónde o naufraxio daquela Nau Preta? ...

Primeiro foi o mar, mais non é certo
que a corrente nos leve:
Correspóndelle á onda repetirse de novo,
devolver algo vivo por unha dor tremenda.

Alas pasan, indómitas, altas como trofeos.
Sobrevoan a orela onde tí e máis eu nunca estivemos.
Arestora que parou de chover
corenta días e corenta noites
é preciso esquecer o diluvio,
decir que xa podemos coroarnos
cun ramallo de olivos.

Ah,si,país de outono dende un trono de sombras!

Hai un porto inmediato afincado nas pedras.

Agora
só a barca varada e nós mesmos.

Páxinas sobre Arqueoloxía


Estudiar os restos das civilizacións antigas sempre é interesante. Agora podemos achegarnos a elas dun xeito virtual gracias a Internet. Antonio Fraguas Garrido (El País, 6 de xullo de 2008) recoméndanos unha serie de páxinas que nos poden axudar.


.1.- La revelación del año


.2.- Póngase a prueba


.3.- Ubicarse en el tiempo

http://kereonobase.org/ ( En francés).

.4.- Para profesionales

http://www.online-archaelogy.co.uk/ ( Tamén en inglés. É unha páxina moi completa)

.5.- La ciudad del halcón


. 6.- De casualidad


.7.- Cnosos en 3D

http://bsa.ac.uk/knosos/index.htm?vrtour ( Podemos visitar o palacio de Cnosos de xeito virtual. Tamén está en inglés).

.8.- Patrimonio de la Humanidad

http://world-heritage-tour.org/ ( Temos a posibilidade de pasear pola Torre de Londres, entre outros moitos lugares. En Inglés).

.9 .- En acción


.10.- Pompeya para niños

http://pompeiisites.org/ ( Foi unha das que máis me gustou polo seu plantexamento e a posibilidade de coñecer dun xeito entretido a vida en Roma. Está en italiano e en inglés).

lunes, agosto 04, 2008

A outra cara das olimpiadas

No Magazine do XLSemanal ( http://www.xlsemanal.com/) correspondente a esta semana , aparece unha información bastante detallada sobre as consecuencias da contaminación en moitas cidades de China. Os datos son escalofriantes :

- 760.000 mortos ó ano.

- 16 das 20 cidades máis contaminadas do mundo son chinesas.

- Os casos de cancro e as persoas que sufren algún tipo de malformación multiplícanse vertixinosamente nos últimos anos...


Cidades como Daqing, Tianjin, Jilin ou Xiditou aparecen cubertas por unha néboa grisácea que impide ver a luz do sol. A xente vive a carón das petroquímicas e " só o 10% dos pais que teñen fillos con minusvalías recoñece o problema".


O texto de Pablo M. Díez, que vai acompañado de fotografías de Álvaro Ybarra e leva por título China: las olimpiadas del horror , non deixa marxe para as dúbidas e presenta un panorama desolador que as autoridades tratan de ocultar ou minimizar. Como é posible que se lle diga á familia dun rapaz que naceu cunha malformación na cabeza que isto foi debido á falta de osíxeno no momento do seu nacemento? Este é o modelo de industrialización que deben seguir o resto das cidades? A resposta é evidente.


A só catro días de que comecen os xogos olímpicos, a outra cara de China non se parece en nada á imaxe que se quere dar por televisión.

miércoles, julio 30, 2008

Vida cultural

Lembramos algunhas das actividades ás que podemos asistir nestas datas :

- No Auditorio de Galicia e, ata o 14 de setembro, teremos a oportunidade de ver a exposición que leva por título "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo".

- O escritor Ramón de Valenzuela xa ten unha rúa na Bandeira. Este acto contou coa asistencia de Neira Vilas, Díaz Pardo e Pousa Antelo.

- Padrón e Brión destacaron pola súa actividade teatral. En Brión a compañía de Fulano, Mengano e Citano, estreou "Arte" de Yashmina Reza. En Padrón Lagrancosaverde.teatro estreou "Tengo una cacerola llena de lentejas".

- Boqueixón estrea un museo sobre O Pico Sacro e a Raíña Lupa. Temos máis información na páxina web do plan dinamizador turístico http://www.terrasdeullaetambre.com/


- En Santiago celebraranse varios concertos para conmemorar o X Aniversario de Radio Obradoiro .


- En Melide, vense de levar a cabo o I Festival das Artes e das Letras. Houbo coloquios, mesas redondas, contacontos, talleres de ilustración e creación de obras, actuacións musicais...

- O Museo de Pontevedra dá a coñecer a 48 artistas (ata o 7 de setembro)


. Fontes consultadas:

lunes, julio 14, 2008

Operación repaso

Seguramente algún que outro terá que dedicarlle un tempo ó estudio agora no verán. Para que isto non se convirta nunha traxedia, Sergio Múñoz, dende tvmás*/ www.laguiatv.com , desta semana (do 11 ó 17 de xullo), recoméndanos unha serie de páxinas de Internet que podemos visitar :
.1.- LAS DE SIEMPRE :
.2 .- PÁGINAS CON PREMIO :
Esta páxina do Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa, que depende do Ministerio de Educación, ten un listado moi completo de páxinas web de recursos didácticos.
.3 .- SIN TEMOR A LAS MATES :

Poemas sobre o mar (5)

Hoxe tócalle o turno á Poesía francesa, concretamente a Paul Valery ( Sète, 1871- Paris, 1945). O seu poema Le cimetière marin é todo un clásico da lírica sobre o tema do mar. Son partidaria de empregar a lingua orixinaria dos poemas e non descubro nada novo ó dicir o difícil que resulta a tradución de textos líricos, por ese motivo empregarei o francés.


Ce toit tranquille où marchent des collombes,
entre les pins palpite, entre les tombes;
Midi le juste y compose de feux
La mer, la mer, toujours recommencée
O récompense après une pensée
Qu´un long regard sur le calme des dieux!

(...) Stable trésor, temple simple à Minerve,
Marse de calme et visible réserve,
Eau sourcilleuse, Oeil qui gardes en toi
Tout de sommeil sous une voile de flamme,
O mon silence!.. édifice dans l´âme
mais comble d´or aux mille toiles, Toit!

Temple du Temps, qu´un seul soupir résume,
À ce point pur je monte et m´accoutume,
tout entoré de mon regard marin;
Et comme aux dieux mon offrande suprême,
La scintillation sereine sème
sur l´altitude un dédain souverain(...)

domingo, julio 13, 2008

Lo que le falta al tiempo



Esta historia, como conta a propia autora, Ángela Becerra ( Colombia, 1957), naceu como consecuencia do que lle contaron uns amigos no transcurso dunha cea. Quedou tan interesada no tema, que decidiu escribir un libro sobre o que alí se falou.


A acción transcorre en París, alí Mazarine, unha muller cun talento especial para a pintura, coñece a Cádiz, un artista ó que parece faltarlle a inspiración dende hai tempo. Ela considérao o seu mestre e esta admiración remata en amor, aínda que a actitude do pintor, preocupado polo recoñecemento da súa obra e cun ego inmenso, fai que ela teña dúbidas respecto ós seus sentimentos. Pascal, o fillo de Cádiz, aparece en escea e namorase de Mazarine. Sara Miller, a muller do pintor, con quen leva casado moitos anos, comeza a ter a sensación de que algo non vai ben entre eles...


Por outra banda, Mazarine agocha un segredo relacionado cos Arts Amantis, un grupo que adora dende hai séculos a unha santa da que pouco ou nada se sabe. Os membros desta secta reúnense clandestinamente, investigan a Mazarine por ser a portadora dun colgante que ten un gran valor e está relacionado coa santa obxecto da súa adoración,...
  • Título : Lo que le falta al tiempo
  • Autora : Ángela Becerra
  • Editorial Planeta, 477 páginas.

sábado, julio 12, 2008

Palabras en perigo de extinción

Leo na prensa de hoxe unha iniciativa interesante relacionada co mundo das letras: a recuperación de palabras . Baixo o título de Palabras con memoria, o escritor Isidro Novo en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, trata de que as palabras que se usaban inicialmente en galego non se perdan . Di que "hai palabras que o galego ten de seu de sempre que son substituídas por neoloxismos coa consecuente perda da palabra inicial". Sempre é triste que se perdan palabras e nos, como falantes, debemos intentar que isto non suceda.

Un xeito de colaborar en esta actividade, á que se suma dende esta semana o Suplemento Culturas, é enviar palabras, que non aparezan recollidas no dicionario, ós seguintes enderezos electrónicos : palabra.con.memoria@aelg.org / http://www.aelg.org/ ou culturas@lavoz.es Hai que indicar o seu significado, fonte, frase e lugar de uso.


As primeiras da lista son as seguintes:

- ABITELO

- ABRAZADEIRA

- ALBERNIA / ALVERNIA

- BARBANA

- BOLSA DE AUGA

- BRUSO

- CACHORREIRA

- ENGHEO

. Fonte consultada:
- Suplemento Culturas ( La Voz de Galicia, sábado, 12 de julio del 2008).

viernes, julio 11, 2008

Poemas sobre o mar (4)

Son moitos os poemas de Juan Ramón Jiménez ( 1881-1958) que falan sobre o mar. Neste caso elixin dous que pertencen ó mesmo libro, Diario de un poeta recién casado (1916), aínda que tratou este mesmo tema en outras obras como Poemas májicos y dolientes ou en Piedra y cielo.
Soledad

En ti estás todo, mar, y sin embargo,
¡qué sin ti estás, qué solo,
¡qué lejos, siempre , de ti mismo!
Abierto en mil heridas, cada instante,
cual mi frente,
tus olas van, como mis pensamientos,
y vienen, van y vienen,
besándose, apartándose,
en un eterno conocerse,
mar, y desconocerse.
Eres tú ,y no lo sabes,
tu corazón te late, y no lo siente ...
¡Qué plenitud de soledad, mar solo!


No sé si el mar es, hoy
-adornado su azul de innumerables
espumas-,
mi corazón; si mi corazón, hoy
-adornada su grana de incontables
espumas-,
es el mar.
Entran, salen
uno de otro, plenos e infinitos,
como dos todos únicos.
A veces, me ahoga el mar el corazón,
hasta los cielos mismos.
Mi corazón ahoga el mar, a veces,
hasta los mismos cielos.