- No Auditorio de Galicia e, ata o 14 de setembro, teremos a oportunidade de ver a exposición que leva por título "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo".
- O escritor Ramón de Valenzuela xa ten unha rúa na Bandeira. Este acto contou coa asistencia de Neira Vilas, Díaz Pardo e Pousa Antelo.
- Padrón e Brión destacaron pola súa actividade teatral. En Brión a compañía de Fulano, Mengano e Citano, estreou "Arte" de Yashmina Reza. En Padrón Lagrancosaverde.teatro estreou "Tengo una cacerola llena de lentejas".
- Boqueixón estrea un museo sobre O Pico Sacro e a Raíña Lupa. Temos máis información na páxina web do plan dinamizador turístico http://www.terrasdeullaetambre.com/
- En Santiago celebraranse varios concertos para conmemorar o X Aniversario de Radio Obradoiro .
- En Melide, vense de levar a cabo o I Festival das Artes e das Letras. Houbo coloquios, mesas redondas, contacontos, talleres de ilustración e creación de obras, actuacións musicais...
- O Museo de Pontevedra dá a coñecer a 48 artistas (ata o 7 de setembro)
. Fontes consultadas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario