lunes, agosto 04, 2008

A outra cara das olimpiadas

No Magazine do XLSemanal ( http://www.xlsemanal.com/) correspondente a esta semana , aparece unha información bastante detallada sobre as consecuencias da contaminación en moitas cidades de China. Os datos son escalofriantes :

- 760.000 mortos ó ano.

- 16 das 20 cidades máis contaminadas do mundo son chinesas.

- Os casos de cancro e as persoas que sufren algún tipo de malformación multiplícanse vertixinosamente nos últimos anos...


Cidades como Daqing, Tianjin, Jilin ou Xiditou aparecen cubertas por unha néboa grisácea que impide ver a luz do sol. A xente vive a carón das petroquímicas e " só o 10% dos pais que teñen fillos con minusvalías recoñece o problema".


O texto de Pablo M. Díez, que vai acompañado de fotografías de Álvaro Ybarra e leva por título China: las olimpiadas del horror , non deixa marxe para as dúbidas e presenta un panorama desolador que as autoridades tratan de ocultar ou minimizar. Como é posible que se lle diga á familia dun rapaz que naceu cunha malformación na cabeza que isto foi debido á falta de osíxeno no momento do seu nacemento? Este é o modelo de industrialización que deben seguir o resto das cidades? A resposta é evidente.


A só catro días de que comecen os xogos olímpicos, a outra cara de China non se parece en nada á imaxe que se quere dar por televisión.

No hay comentarios: