viernes, agosto 15, 2008

Tirando del hilo


Probablemente non sexa esta a faceta máis coñecida de Carmen Martín Gaite (Salamanca,1925-Madrid,2000), a de articulista en varios xornais, pero é de agradecer a súa sinceridade e a amplitude de autores e obras que reseña nesta recopilación que abarca varias décadas.

Procurando sempre fuxir da pedantería, a autora presenta un amplísimo panorama da literatura da segunda metade do século XX ( os seus artigos comezan no ano 1949 e chegan ata o ano 2000). Atopamos referencias de clásicos e contemporáneos, comentarios sobre traducións ( por exemplo, a que aparece na páxina 216 sobre Las flores del mal de Baudelaire), biografías, novelas, contos, poemas... É partidaria , ó igual que Doris Lessing, de ler non por obrigación senon por pracer, sen imposicións : "Solamente hay una manera de leer, que es huronear en bibliotecas y librerías, tomar libros que llamen la atención, leyendo solamente ésos, echándolos a un lado cuando aburren, saltándose las partes pesadas y nunca leer nada por sentido del deber o porque forme parte de una moda" (páxina 237). Ela mesma aplica esta máxima da Premio Nobel cando le El cuaderno dorado.

Tamén cre que a crítica debe estimular a ler: "Concretamente, la crítica de libros no es nada si no estimula, aficiona e invita a leer" ( páxina 121, "Morir aprendiendo", publicado en Diario 16, el 18 de abril de 1977).

A min gústame especialmente o artigo que aparece nas páxinas 87-89 "Un tango bien cantado. El beso de la mujer araña" (publicado en Diario 16, el 10 de enero de 1977).

  • Tirando del hilo.
  • Autora: Carmen Martín Gaite.
  • Editorial Punto de Lectura, 703 páxinas.

No hay comentarios: