
A acción céntrase nun pequeno restaurante, nunha trattoría, á que van chegando unha serie de persoaxes para cear. Aí temos ó mestre, interpretado por Vittorio Gassman, que contempla o panorama dende a experiencia e que moitas veces intervén na acción para solucionar algúns p
roblemas. Noutra das mesas está Lola, unha muller rodeada de homes que tratará de falar con todos eles e de aclarar certas situacións. Tamén aparecen unha nai e unha filla, moi distintas entre si, cunha conversa que vai ser fundamental nas súas vidas. Noutro momento chega un home que non sabe moi ben que facer e rapidamente é acomodado preto do mestre...

Flora, papel interpretado por Fanny Ardant, unha muller atractiva, alegre e elegante, é a alma deste microcosmos humano. Ela é a encargada das reservas, de acomodar á xente, e, en definitiva, de que todos se sintan a gusto. Sen embargo, a pesar das apariencias, non todo é tan perfecto como parece na súa vida, e debe tomar unha decisión importante .
É unha película para disfrutar do bo cine, que non defrauda, cun bo guión e momentos inesquecibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario