Dise del que é o creador do realismo máxico. Este xorde nun dos extremos do real, e é alí onde se establece e edifica a súa narración. Certos feitos sorprendentes son tomados como naturais.
30/5/07
Un xenio especial
Dise del que é o creador do realismo máxico. Este xorde nun dos extremos do real, e é alí onde se establece e edifica a súa narración. Certos feitos sorprendentes son tomados como naturais.
29/5/07
Artistas con enxeño
Quizais o carácter matemático das súas obras fixeron que sexa un dos artistas máis populares nos contornos científicos, especialmente matemáticos e informáticos. Curiosamente, os seus coñecementos matemáticos sempre foron moi limitados. Moitas das conclusións gráficas e matemáticas ás que chegou tivo que descubrilas por si mesmo. “Frecuentemente eu síntome máis próximo dos matemáticos do que dos meus amigos pintores”, escribiu certa vez.
Os expertos coinciden en que unha das súas principais características é a dualidade e a búsqueda do equilibrio, a utilización do branco e o negro, a simetría, o infinito fronte ao limitado, o feito de que todo obxecto representado teña a súa contrapartida.
As obras máis coñecidas de Escher son probablemente as figuras imposibles, seguidas dos ciclos, metamorfoses e, directa ou indirectamente, os seus diversos traballos sobre a estrutura da superficie e a partición regular do plano (patróns que rechean o plano).
28/5/07
Travesuras de la niña mala
Todo xira arredor da historia dos amores de Ricardo e da “nena mala”; Vargas Llosa crea con esta muller un personaxe de galería, enchéndoa de toda a soidade posíbel e de toda a difícil rebeldía para facela un ser humano verdadeiro.
Os desprazamentos xeográficos e as insólitas peripecias da protagonista aproximan o relato á novela de aventuras. Despois de todo, a “nena mala” é unha aventureira que pasa dun amante a outro. Ricardo, pola contra, é un anódino home de letras que, vivindo en París, segue as pegadas da súa amada para descubrir ambientes e personaxes singulares.
27/5/07
Fotografía Matemática
26/5/07
Se aínda estivese vivo…
Este actor tan grande que ás veces parece que non se dá movido, foi un monstro das películas do Oeste, que o converteu nun icono para a sociedade estadounidense. As súas ideas reaccionarias e ultradereitistas ditaban frases como "Aunque a mis ideas las llamen tendenciosamente 'de derechas' no renegaré nunca de ellas. Aún cuando por ello tuviera que quedarme sólo en la tierra" ou "Algunas películas como 'Soldado azul', 'Cowboy de medianoche' o 'Mi vida es mi vida', son innombrables y aburridas, pero, sobre todo, inútiles y perjudiciales, ya que ofrecen un magnífico punto de apoyo a los contestatarios, a los rebeldes, a toda esa gente que quiere destruir América".
Da súa ampla filmografía, El hombre tranquilo (1952) foi elixida a súa mellor película. Esta estivo dirixida por John Ford e coprotagonizada por Maureen O’Hara. Saíndose do xénero “western”, conta a volta a Irlanda dun boxeador que emigrou a Estados Unidos. O segundo posto nas votacións obtívoo El hombre que mató a Liberty Valance, dirixida tamén por Ford pero esta vez ambientada nese Oeste da maior parte e das mellores das súas películas.
"No quiero ir más que hasta el fondo". EMPOEMÉMONOS (VI)
Queremos deixarvos algunhas mostras da súa escrita, porque escoller un só poema é misión imposible:
las palabras son claves, son llaves.
El deseo de morir es rey.
Que tu cuerpo sea siempre
un amado espacio de revelaciones.
te alejas de los nombres
que hilan el silencio de las cosas
Vacío gris es mi nombre, mi pronombre.
Conozco la gama de los miedos y ese comenzar a cantar despacito en el desfiladero que reconduce hacia mi desconocida que soy, emigrante de sí. Escribo contra el miedo. Contra el viento con garras que se aloja en mi respiración.
Si silencio es tentación y promesa.
sabios animales nostálgicos
visitaban su cuerpo caliente
25/5/07
Día da Liberación de África
- O último informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) sinala que dos últimos 50 países co índice de desenvolvemento máis baixo, 40 son africanos.
- Cerca de 936 millóns de persoas viven en África. Delas, 315 millóns fano na pobreza a pesar das enormes riquezas do continente. Uns 460 millóns teñen dificultades para alimentarse, 50 millóns pasan fame crónica.
- Son 300 os millóns de africanos que non teñen acceso á auga potábel, e 313 millóns carecen de servizos básicos de saneamento.
- Máis de 200.000 nenos son utilizados como soldados ou como escravos domésticos ou prostituídos.
- Máis de 78 millóns de nenos están sen escolarizar. A maior parte son nenas.
- Só en dous conflitos (dos que che falamos na nosa páxina web), Sudán-Darfur e República Democrática do Congo, producíronse sete millóns de vítimas.
- Na África subsahariana hai 28 millóns e medio de infectados polo VIH, dos que o 60 por cento son mulleres.
Podes ver unha excelente referencia visual e realista realizada por 100 fotógrafos en 53 países do continente africano en:
http://www.olympus-global.com/en/event/DITLA/index.html
24/5/07
Cielo abajo
Joaquín, neno orfo, consegue facer realidade o seu soño, chegar a ser aviador e pilotar un avión de combate ao igual que os seus heroes de Plus Ultra.
No transcurso da axitada vida de Joaquín, que comeza na Guerra Civil Española, tópase con xente que o axuda moito, tales como o seu mestre de voo, Cortés, ou os seus hospedadores durante parte da Guerra Civil, a primeira Constanza e o seu marido Ramiro. Este personaxe tamén axuda especialmente a dúas persoas, á segunda Constanza, filla, e á terceira Constanza, neta.
Finalmente, no ano 2002, Joaquín decide rematar coa súa vida tal e como o debería facer un auténtico aviador.
23/5/07
Ler esta novela é unha experiencia fascinante
O libro tece un denso e fascinante entramado de relacións familiares, afectivas e sociais no que non só participan os membros da familia Roth ou a pequena sociedade xudía de Newark, senón que interveñen tamén personaxes coñecidos, figuras históricas e acontecementos reais, que serven para retratar con extraordinaria vivacidade a vida norteamericana da época.
Trata, en fin, de como unha sociedade aparentemente moi cohesionada e segura de si mesma vese enfrontada á transformación ou mesmo á desaparición dos valores e crenzas que ata entón consideraba inmutabeis.
22/5/07
Visitounos...
19/5/07
Memorias de Idhún
Memorias de Idhún é unha triloxía escrita pola española Laura Gallego na que narra de xeito fantástico as aventuras cheas de amizade, amor, morte e traxedia dun grupo de amigos que teñen que loitar contra as maléficas criaturas que ameazan con someter o seu mundo.
2.- Tríada. A acción ten lugar no mítico Idhún, a onde o último unicornio e dragón volven para salvar esa terra. Unha vez alí son recibidos con éxtase xa que a profecía prevé que eles rematarían co reinado de horror de Ashran. Loitas, odios e traizóns desátanse á par que se forxa o triángulo amoroso entre o shek (o cabaleiro), o unicornio (Vitoria) e o dragón (Jack). A balanza de loitas decántase a favor dos rebeldes, que encabezados pola Tríada, vencen a Ashran. O final non é alentador, posto que o unicornio é ferido de morte.
3.- Panteón. O unicornio recupérase pouco a pouco. O vínculo afectuoso entre os tres aumenta e o shek e o dragón, inimigos mortais, comezan a aceptar que van compartir a mesma muller. Porén, é a parte máis sombría por todo tipo de catástrofes naturais. Os tres heroes deberán enfrontarse a algo máis grande ca eles, ademais de á incomprensión dos seus amigos ante un amor, por parte de Vitoria a dúas bandas, que non está ben visto.
Esta saga fantástica é un excelente entretemento para todos aqueles amantes das lendas e da maxia. O mundo de Idhún, confeccionado con coidado e con gran imaxinación fará que mergullarse nas súas lendas sexa algo inesquecíbel.
18/5/07
Empoemémonos (V)
Son a chuvia, son a neve, son o vento da xeada.
Son alba daquel vivir,
hoxe noite daquel sentir.
Miro, miro e non vexo.
Sinto, sinto e non teño.
Oio lonxe e non entendo.
¡Hoxe,
onte do meu contento!
2
Naturaleza soia, trai de ti unha compaña,
¡trai algo que sea novo da vez vella que me fala!
17/5/07
Nós tamén estamos aí!!!
O ano pasado foi en Lalín, este ano en Silleda.
Como persoas preocupadas polo estado da nosa lingua e da nosa cultura e como membros da Mesa pola Normalización Lingüística, promovemos actividades neste día das Letras Galegas. A comarca do Deza decidiu alternar o lugar da celebración: o ano pasado en Lalín houbo teatro, música, poemas... e hoxe...
Hoxe, 17 de maio de 2007, é a Asociación cultural Adellís a que vos convida a participar na inauguración dun mural en cerámica (gres) feito con óxidos de cobalto, cobre, cromo, manganeso, zirconio, etc.. para destacar as distintas representacións gráficas do conxunto. O mural está composto por debuxos e textos, presentados en diferentes volumes e relevos. As medidas aproximadas son de 165cm x 160cm, e vai montado nunha chapa ríxida apta para intemperie, con posibilidade de ser trasladado en caso de querer cambiar a súa ubicación.
O que se pretende é a recuperación cultural para o pobo dalgúns dos traballos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao publicados en Cousas, ademais de potenciar e incidir na mensaxe social que este autor nos deixou na súa obra.
O acto contará tamén coa lectura de diversos poemas de María Mariño.
16/5/07
Letras
E porque non é só o idioma o que está ameazado senón a nosa propia capacidade lingüística. A lingua é produción, produce COMUNICACIÓN, produce PENSAMENTO, produce CAPACIDADE POÉTICA, produce GANANCIA e BENEFICIO, prodúcenos como HUMANOS, prodúcenos como FELICIDADE.
A casualidade, ademais, quixo reunir na mesma data a celebración do Día das Letras Galegas e mais o Día da Internet.
Quizais sexa o momento de reflexionar sobre a nosa identidade e cultura na Rede. Porque nesta sociedade globalizada Internet vai universalizar, fronte aos que poñen barreiras, a nosa Literatura, a nosa lingua, a nosa cultura... E Internet debe significar, tamén para a nosa cultura e para a súa expresión, que é o Galego, un punto importante de apoio e de desenvolvemento xa que poden ser máis coñecidas e practicadas a cultura e o idioma.
En palabras de María Yáñez: "Nos últimos tempos, a nosa lingua está flipando. Cando todos a daban por moribunda, cerimonial e rural ou bloqueira, e ata ela mesma o cría, resulta que un exército de liposomas a está a remozar e a darlle un novo esplendor. Moitas son as marabillas que nos deu a rede, pero unha das últimas e máis importantes é o paso da comunicación privada ao espazo público. Non moito máis ca iso é o fenómeno dos blogs".
14/5/07
Unha imaxe vale máis que 1.000 palabras
Dunha recopilación de 100 fotografías, amosámosvos algunhas das máis impactantes e que tocan os temas que tratamos este ano dende a biblio: as inxustizas sociais, as guerras e os dereitos –saqueados- da infancia. Pero recomendámosvos que vos acheguedes a calquera destas páxinas para lembrar moitas outras fermosas ou denunciantes imaxes:
http://sebaslander.blogspot.com/2007/03/una-imagen-vale-mas-algunas-que.html
http://digitaljournalist.org/issue0309/lm_index.html
http://www.taringa.net/posts/imagenes/122907/Fotograf%C3%ADas-que-hicieron-historia.html
Execución en Saigón
Espreitando a morte
A agonía de Omayra
Plan de Lectura
12/5/07
Axuda ao Courel!!
- Que declaren o Courel Parque Natural, que inclúa como mínimo as cuncas enteiras dos ríos Lor-Louzara, Soldón, Selmo e Ferreiriño, e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, hidroeléctricas, ....
- Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fóra do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Canón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura.
- Que poñan xa de inmediato en marcha un Plan Urxente, no que participen todas as Administracións, para a recuperación ambiental, do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico, e da paisaxe tradicional.
- Neste plan débese incluír necesariamente a dotación de servizos á poboación, para equipara o Courel ao resto da Galiza (sanitarios, asistenciais, culturais, de transporte...).
Empoemémonos (IV)
Y Dios me hizo mujer
Y Dios me hizo mujer,
de pelo largo,
ojos,
nariz y boca de mujer.
Con curvas
y pliegues
y suaves hondonadas
y me cavó por dentro,
me hizo un taller de seres humanos.
Tejió delicadamente mis nervios
Y balanceó con cuidado
el número de mis hormonas.
Compuso mi sangre
y me inyectó con ella
para que irrigara todo mi cuerpo;
nacieron así las ideas,
los sueños,
el instinto.
Todo lo creó suavemente
a martillazos de soplidos
y taladrazos de amor,
las mil y una cosas que me hacen mujer todos los días
por las que me levanto orgullosa
todas las mañanas
y bendigo mi sexo.
11/5/07
O risco de ser muller e pobre
Dende 1993, ano en que comezaron a documentarse, máis de 600 mulleres foron asasinadas en Ciudad Juárez e máis de 1000 desapareceron. Algúns indican mesmo cifras máis elevadas.
Marisela fala de que ten habido nenas de entre 4 e 12 anos secuestradas, brutalmente violadas e asasinadas tras arrincarlles a pel, moitas veces en ritos satánicos ou de iniciación ás mafias. En determinados sectores desta cidade hai moito medo, tanto que as nenas non saen soas á rúa e as mulleres pobres e traballadoras non poden volver tarde á casa.
O Femicidio é un asunto de interese mundial, máis cando é produto do crime organizado internacional e involucra a autoridades do goberno.
Sabiades que están a ocorrer cousas tan terribeis coma estas? Somos conscientes destas barbaridades e seguimos virando a face?
Parte desta información e moita máis toparala en:
http://www.mujeresdejuarez.org/
10/5/07
A xenerosa loita dunha Nobel da PAZ
Wangari Maathai é un nome ben coñecido no mundo ecoloxista. En Kenya en 1977 comezou a plantar árbores un a un, movemento que foi medrando e converteuse no internacionalmente coñecido Green Belt Movement (GBM, Cinturón Verde), que lle ten reportado moitos premios, dos cales sen dúbida o máis importante foi o Premio Nobel da Paz de 2004, nova moi ben acollida polos grupos ecoloxistas de todo o mundo.
A pesar de ter afrontado duros encontronazos co goberno ao longo dos anos –mesmo foi encarcerada polo seu traballo e pola defensa da democracia e os dereitos das mulleres e os pobres– o GBM sobreviviu. En 1986 expandeuse ao Pan African Green Belt Network, e ata agora viu como se plantaban 30 millóns de árbores en granxas, escolas, bosques e outros terreos públicos, levando vida a zonas a menudo desertificadas. O seu programa está integrado especialmente por mulleres, combinando desenvolvemento comunitario e protección medioambiental.
Wangari Maathai logrou esquivar un destino que lle deparaba como moito un papel de ama de casa; pero logrou licenciarse en Bioloxía en Estados Unidos e desde o ano 2003 ser Ministra de Medio Ambiente de Kenia. A súa vida está marcada pola loita, loita que ela mesma relata na biografía que esta semana saíu á venda e que TES NA BIBLIOTECA. Nestas íntimas memorias, a activista fala da súa humilde familia, os seus estudos, a súa loita contra a deforestación e, finalmente, o recoñecemento internacional.
Cousas que nos chaman a atención da súa biografía: O marido deixouna porque era “demasiado educada, demasiado exitosa e demasiado obstinada para ser controlada”. Ou a súa propia afirmación: “Non tardei moito en darme de conta de que podía facer canto me propuxera, se non fose porque era negra e muller”. Loitou no seu país contra frases como as emitidas polo mesmo presidente: “As mulleres tedes o cerebro tan pequeno que non sodes capaces de conseguir o que deberiades”. Cando lle dixeron que lle fora outorgado o Premio Nobel da Paz celebrouno plantando unha árbore: “Cando planto unha árbore, planto tamén ideas que coma estas crecen para mellorar a vida dos individuos e do noso planeta. As árbores son parte esencial da miña vida”.