31/12/09

30/12/09

Holandeses en el Prado

Ata o vindeiro 11 de abril pódese visitar no Museo del Prado unha exposición sobre esta colección holandesa. Un dos cadros máis importantes é "La compañía del capitán Reijner Reael", de Franz Hals e Pieter Codde, que non voltará a saír do Rijksmuseum a partir do 2013.

27/12/09

O Nadal na Literatura e no Cine

Son moitas as obras literarias ambientadas no Nadal e tamén numerosas as películas que trataron esta temática ao longo do tempo. Fixemos unha pequena selección de títulos que podedes ver a continuación.

O Nadal na Literatura e no Cine on PhotoPeach

21/12/09

Recomendacións de lectura (Nadal 2009)

Na súa meirande parte, estas recomendacións de lectura para este Nadal foron feitas polo equipo de colaboradores da biblioteca. Case todas elas contan con cadansúa reseña no blog.

Recomendacións de lectura (Nadal 2009) on PhotoPeach

20/12/09

La elegancia del erizo

Este é un libro que seguramente nos faga pensar en moitos temas, como a amizade, o amor e, sobre todo, na autenticidade, porque as súas protagonistas rexeitan a hipocresía que teñen ao seu carón para quedarse con aquelo que merece a pena. Son dúas persoas moi distintas en apariencia, Renée e Paloma. A primeira é a porteira do edificio no que vive Paloma, unha rapaza de doce anos que se sae do común, pero ambas (intelixentes,cultas e sensibles) son capaces de valorar a beleza da arte.
Renée ten 54 anos e é unha muller moi culta. Cámbialle a cara cada vez que escoita unha expresión gramatical incorrecta e ela mesma comete ás veces algunha incorrección. Non quere chamar a atención : "[...] me esfuerzo por ser discreta, no querría que la gente de la casa se imaginara..."(páx.253).

Paloma non comparte a forma de ver a vida que ten a súa familia. Moitas veces agóchase, escribe no seu diario as súas opinións sobre o que lle parece o mundo en xeral e mesmo lle di o que pensa ao psicoanalista da súa nai: "Escúchame bien,señor Congelado,tú y yo vamos a hacer un trato.Tú me vas a dejar a mí en paz,y,a cambio,yo no mandaré al garete tu cochino negocio difundiendo malignos rumores sobre ti en las altas esferas de los negocios y la política de esta ciudad." (Páx.233).
A novela vai alternando a ironía e o humor coa tristura e convírtese nunha obra que merece a pena ler.


18/12/09

Facemos balance

Dende que comezou o curso, no mes de setembro, estas son as estatísticas que constan no ordenador principal da biblioteca:

- 609 Libros prestados.

- 158 DVD's.

- 7 Vídeos.
- 5 CD's.

- 4 Libros DVD.

- 4 Xogos de ordenador.
- 1 Gravación sonora.


Os libros de Stephenie Meyer ( Luna Nueva...) e a triloxía Milleniun de Larsson son dos máis solicitados polos lectores. Tamén están moi demandados : Los viajes de Ulises , Gunnm ( Alita,ángel de combate), Estela, O escaravello de ouro e outros contos (de E.Allan poe), Hipatia (de M. Pisón), Seda (de A. Baricco), O misterio das badaladas (de X.Docampo), Poetízate (de F.Alonso)...
Os cursos que máis len son 1º e 2º de ESO. Agora estamos dedicando maís tempo á lectura, de tal xeito que na meirande parte dos grupos estase lendo (cada profesor decide os tempos).

17/12/09

Estudos de Humanidades


Acaba de publicarse unha información interesante no Diario El Mundo sobre a importancia concedida aos estudos de Humanidades, en España e en Estados Unidos. O artigo títulase El desprecio a las Humanidades, una "tradición" española é vai firmado por Ángel Díaz.


Podemos ler,entre outras afirmacións, as seguintes: "El culto al conocimiento por sí mismo y la devoción por las manifestaciones artísticas y culturales son condiciones que se dan por supuestas en las mejores universidades del mundo. En España, sin embargo, parecen quedarse siempre en un segundo plano, como si fueran incompatibles con la productividad y la eficacia. ¿Cuál es el secreto de los centros de élite para combinar la excelencia innovadora con un fuerte apoyo a las artes y las letras?"

15/12/09

70 anos

Cando Margaret Mitchell escribiu Gone with the wind (Foise co vento) en 1936, descoñecía que a súa novela acadaría tanto éxito e que,tres anos máis tarde, arrasaría nos cines. Hoxe,15 de decembro do 2009,70 anos despois, seguimos vendo a cinta e disfrutando coa historia de amor de Rhett Butler e Scarlett O'Hara. Imos ter unha nova oportunidade de volver a vela nestas datas (caeremos na tentación?...)

Aminatou Haidar

Loita polos Dereitos dos sararahuis e polos Dereitos Humanos. Debido a súa ideoloxía é perseguida e reprimida polas autoridades de Marrocos. Recibiu varios premios de recoñecemento pola súa defensa dos Dereitos Humanos.

. 1967 Nace en El Aaiún.
. 1987-91 Foi presa sen xuízo nos cárceres secretos e sufriu torturas.
. 2005-2006 Condenada pola xustiza marroquí no centro penitenciario "Cárcel negra" en El Aaiún. É expatriada e négaselle o pasaporte marroquí.

Novembro 2009 : Folga de fame no aeroporto de Lanzarote. Pide volver viva ou morta a El Aaiún, ocupado por Marrocos.

13/12/09

En el corazón del bosque


Acabamos de recibir esta recomendación de lectura :

Hola, soy Diego, un seguidor de esta biblioteca.Me gusta mucho entrar en esta página web.Me gustaría recomendaros el libro "En el corazón del bosque", de Agustín Fernández Paz.Trata sobre una niña llamada Raquel.Fue a coger castañas al Eume.Llegó a casa, se acostó y oyó ruidos procedentes de su mochila.Había un gnomo llamado Derdrín.Se lo pasaban muy bien porque charlaban en el tiempo libre de la niña sobre el colegio, sobre el ecosistema de Derdrín...y de muchas más cosas.

Os recomiendo este libro que tiene mucho humor y os divertiréis leyéndolo.


Muchas gracias por tu comentario, Diego.

12/12/09

Coñece o teu entorno

A Biblioteca quere agradecer o traballo de alumnos e profesores que fixeron posible esta exposición sobre o noso entorno que engloba Fotografía, Toponimia e Tradición oral. É a segunda das etapas que teñen como referente As Viaxes de Ulises.

Coñece o teu entorno on PhotoPeach

9/12/09

Touché!

Os alumnos do noso centro acaban de asistir á representación da obra teatral Touché! Recollemos aquí as súas opinións sobre a obra. Esta reseña foi elaborada por Antía Pereiras Villamayor de 1º BH.

Touché trace l'histoire de trois copains qui ont un groupe de rap. Ils vont se présenter à un concours de musique de radio.Un jour, ils connaîssent Pierre, un classique qui arrive à l'ècole de musique. Ils lui proposent de former un groupe de Mozrap pour le concours, mais Nicolas n'aime pas comme il chante et ils se disputent. Carmen l'aide à danser et chanter le HIP HOP et ils tombent amoureux. Momo est très jaloux de Pierre et il lui raconte une mensonge de Carmen et ils se disputent.Puis, ils vont résoudre le problème, tous deviennent amis et, finalement, ils gagnent le concours à la radio.

Cette pièce a été très amusante et avec un lexique très facile pour des élèves comme nous, débutants en français. Je l'ai bien aimée!

8/12/09

Flavia de los extraños talentos

É un título moi ben elixido o deste libro, porque a súa protagonista, Flavia, é unha adolescente moi particular. Ten unha gran cultura , é moi observadora e, sobre todo, encántalle a química.

" No tardé mucho en dedicar cada minuto libre a estudiar minuciosamente aquellas páginas. Había momentos, incluso, en que apenas podía esperar el momento de irme a la cama, pues el libro de Harriet se había convertido en mi amigo secreto.

En él se hablaba de los metales alcalinos, algunos de los cuales tenían nombres fabulosos, como litio o rubidio, y de los metales alcalinotérreos, como el estroncio, el bario y el radio. Aplaudí con entusiasmo al leer que el radio lo había decubierto una mujer, madame Curie." (Páx.18/19).

Vive coas súas irmás, Ophelia y Daphne, coas que non mantén unha boa relación, e co seu pai en Buckshaw, unha mansión que ve alterada a súa cotidianeidade coa aparición dun cadáver.

A narración vai progresando, salpicada de comentarios mordaces e comparacións, e Flavia tenta resolver o misterio e defender a inocencia do seu pai.
O autor, Alan Bradley, gañou con esta obra, que é a primeira dunha triloxía, o prestixioso premio Debut Dagger Award, no ano 2007.
  • Título : Flavia de los extraños talentos.
  • Autor: Alan Bradley.
  • Editorial : Planeta Internacional, 423 páginas.

7/12/09

25 años de ilustración de moda


Ata o vindeiro 10 de xaneiro no Museo do traxe de Madrid, imos poder disfrutar dunha exposición sobre moda que recolle os traballos de Arturo Elena (“Pongo ante vuestros ojos, y en vuestras manos, una recopilación de las ilustraciones que han marcado de forma relevante mi trayectoria, desde los inicios hasta la actualidad”, dice el autor).


En opinión de Patricia González (http://www.parasaber.com/) : Con un tamaño A-3 las 52 ilustraciones permiten contemplar todos los detalles: manchas de los animales, adornos de los zapatos...y texturas de los tejidos que parecen cobrar relieve.

Es un dibujante extraordinario, minucioso y perfeccionista, que como los grandes músicos y los grandes pintores logra emocionar y conmover al que contempla sus ilustraciones."

3/12/09

Manolito on the road


Anastasiya Tovmach, alumna de 1º de ESO e lectora do mes de novembro, fainos a seguinte recomendación :

" Es un libro muy entretenido que trata sobre un niño llamado Manolito que va con su padre, Manolo, en el Manolito, el camión, junto a su madre y su hermano (el Imbécil). Un día el padre le dice a Manolito que va a ir con él en el camión y Manolito acepta encantado, pero todo sucede al revés. En medio del trayecto Manolito se equivoca de camión y va a parar a otro.

¿Te atreves a leerlo? "
No seguinte enlace tes máis información sobre a autora, as persoaxes, outras historias de Manolito ...

2/12/09

Mochilas viaxeiras


Unha das actividades de animación lectora que fomentamos dende a biblioteca é a das Mochilas viaxeiras. No presente curso temos unha máis que o ano pasado (pasamos de catro a cinco) e renovamos o seu contido (máis banda deseñada, literatura contemporánea, obras relacionadas co medio ambiente, DVD's...) Comprendemos que é difícil satisfacer as demandas lectoras de toda a familia pero, gracias aos seus comentarios, tentamos achegarnos a eles. Recollemos aquí algúns (recopilados polo equipo de colaboradores).

" Paréceme moi interesante a actividade pero coido que debería repetirse máis a miúdo, con prazos de tempo máis longos, para permitir conciliar vida laboral, familiar e lectura (máis mochilas?). Debería ser obrigatoria para rapaces e pais."


" A miña opinión con relación á mochila viaxeira paréceme unha idea acertada xa non só pola labor que desempeña de divulgación da lectura nos rapaces, senon tamén nos adultos, que é unha asignatura pendente entre a xente xa non tan moza.

Tamén cabe destacar que aos rapaces se lle nomeen e lembren figuras tan sobresaíntes como Castelao.

[...] Por outro lado tamén me satisface ver libros como "Espazos naturais" que nos amosan a beleza, encanto e meigallo da nosa Galiza, para descubrila e disfrutar da compaña dos teus nunha fin de semana en espazos esquecidos, e así fomentar a conversación e a unión da familia."
" Está moi ben e é moi divertido, a idea é moi boa."

¿Quién escribió...?

Los alumnos de 2º de Bachillerato deben identificar la obra a la que pertenece el siguiente fragmento, el autor y el período de la Historia de la Literatura en el que podemos situarlo.


" - En seguida traeré para remediaros a todos-dijo la anciana-.Pero antes quiero saludar a ese caballero rancio, que es atento y fino con las señoras.

Entró en el llamado gabinete, y el señor de Ponte y Delgado se deshizo con ella en afectuosos cumplidos de buena sociedad.

- Siempre echándola a usted de menos, Benina..., y muy desconsolado cuando brilla usted por su ausencia.
- ¡Que brillo por mi ausencia!...¿Pero qué disparates está usted diciendo, señor de Ponte? ¿O es que no entendemos nosotras, las mujeres de pueblo, esos términos tan fisnos...Ea, quédense con Dios."

1/12/09

Premio Cervantes 2009

O escritor José Emilio Pacheco ( Ciudad de México,1939) ven de recibir o Premio Cervantes 2009. Recollemos aquí un dos seus poemas, pertencente a El silencio de la luna (Poemas 1985-1993).

La gota

La gota es un modelo de concisión:
todo el universo
encerrado en un punto de agua.

La gota representa el diluvio y la sed.
Es el vasto Amazonas y el gran Océano.


La gota estuvo allí en el principio del mundo.
Es el espejo, el abismo,
la casa de la vida y la fluidez de la muerte.

Para abreviar, la gota está pblada de seres
que se combaten, se exterminan,
se acoplan.

No pueden salir de ella,
gritan en vano.

Preguntan como todos:
¿de qué se trata,
hasta cuándo,
qué mal hicimos
para estar prisioneros de nuestra gota?

Y nadie escucha.
Sombra y silencio en torno de la gota,
brizna de luz entre la noche cósmica
en donde no hay respuesta.

La leyenda del rey errante

Un dos membros do equipo da biblioteca,Lorena Ares de 4ºB, fainos a seguinte recomendación:


" Este libro gustoume moito porque narra como un príncipe pasa unha serie de desgrazas e sucesos incribles para acadar o seu gran soño. Fíxome reflexionar e entender que o destino non existe, senon que o curso da nosa vida cambia segundo as decisións que tomemos en cada momento´.

É un bo libro porque consegue encandilarte ate a última páxina sen perder o fío da historia e tamén podes aprender un pouquiño da poesía árabe e da xeografía de Arabia.

Anímate a lelo porque vale a pena a non é ningunha perda de tempo! "

LinkWithin