Dende que comezou o curso, no mes de setembro, estas son as estatísticas que constan no ordenador principal da biblioteca:
- 609 Libros prestados.
- 158 DVD's.
- 7 Vídeos.
- 5 CD's.
- 4 Libros DVD.
- 4 Xogos de ordenador.
- 1 Gravación sonora.
Os libros de Stephenie Meyer ( Luna Nueva...) e a triloxía Milleniun de Larsson son dos máis solicitados polos lectores. Tamén están moi demandados : Los viajes de Ulises , Gunnm ( Alita,ángel de combate), Estela, O escaravello de ouro e outros contos (de E.Allan poe), Hipatia (de M. Pisón), Seda (de A. Baricco), O misterio das badaladas (de X.Docampo), Poetízate (de F.Alonso)...
Os cursos que máis len son 1º e 2º de ESO. Agora estamos dedicando maís tempo á lectura, de tal xeito que na meirande parte dos grupos estase lendo (cada profesor decide os tempos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario