É un título moi ben elixido o deste libro, porque a súa protagonista, Flavia, é unha adolescente moi particular. Ten unha gran cultura , é moi observadora e, sobre todo, encántalle a química.
" No tardé mucho en dedicar cada minuto libre a estudiar minuciosamente aquellas páginas. Había momentos, incluso, en que apenas podía esperar el momento de irme a la cama, pues el libro de Harriet se había convertido en mi amigo secreto.
En él se hablaba de los metales alcalinos, algunos de los cuales tenían nombres fabulosos, como litio o rubidio, y de los metales alcalinotérreos, como el estroncio, el bario y el radio. Aplaudí con entusiasmo al leer que el radio lo había decubierto una mujer, madame Curie." (Páx.18/19).
Vive coas súas irmás, Ophelia y Daphne, coas que non mantén unha boa relación, e co seu pai en Buckshaw, unha mansión que ve alterada a súa cotidianeidade coa aparición dun cadáver.
A narración vai progresando, salpicada de comentarios mordaces e comparacións, e Flavia tenta resolver o misterio e defender a inocencia do seu pai.
O autor, Alan Bradley, gañou con esta obra, que é a primeira dunha triloxía, o prestixioso premio Debut Dagger Award, no ano 2007.
- Título : Flavia de los extraños talentos.
- Autor: Alan Bradley.
- Editorial : Planeta Internacional, 423 páginas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario