Unha das actividades de animación lectora que fomentamos dende a biblioteca é a das Mochilas viaxeiras. No presente curso temos unha máis que o ano pasado (pasamos de catro a cinco) e renovamos o seu contido (máis banda deseñada, literatura contemporánea, obras relacionadas co medio ambiente, DVD's...) Comprendemos que é difícil satisfacer as demandas lectoras de toda a familia pero, gracias aos seus comentarios, tentamos achegarnos a eles. Recollemos aquí algúns (recopilados polo equipo de colaboradores).
" Paréceme moi interesante a actividade pero coido que debería repetirse máis a miúdo, con prazos de tempo máis longos, para permitir conciliar vida laboral, familiar e lectura (máis mochilas?). Debería ser obrigatoria para rapaces e pais."
" A miña opinión con relación á mochila viaxeira paréceme unha idea acertada xa non só pola labor que desempeña de divulgación da lectura nos rapaces, senon tamén nos adultos, que é unha asignatura pendente entre a xente xa non tan moza.
Tamén cabe destacar que aos rapaces se lle nomeen e lembren figuras tan sobresaíntes como Castelao.
[...] Por outro lado tamén me satisface ver libros como "Espazos naturais" que nos amosan a beleza, encanto e meigallo da nosa Galiza, para descubrila e disfrutar da compaña dos teus nunha fin de semana en espazos esquecidos, e así fomentar a conversación e a unión da familia."
" Está moi ben e é moi divertido, a idea é moi boa."
No hay comentarios:
Publicar un comentario