jueves, noviembre 26, 2009

A cabeza de Medusa (II)

" É un libro cheo de sensacións onde a característica de ser muller e estar na adolescencia faino máis poderoso. Lendo este libro pregúntaste unha e outra vez: poderiame pasar a min? Como reaccionaría? Sería valente e denunciaría a violación?."

Tania Nogueira Montoto


" A cabeza de Medusa da autora Marilar Aleixandre é unha obra que fai referencia ao relato da Medusa do autor Ovidio, non tanto a este relato en concreto senon a moitos outros das Metamorfoses nos que as rapazas son violadas e castigadas por este feito. Isto era o pensamento xeneralizado na antigüidade, a muller era inferior ao home e moitas veces era tratada coma un obxecto sexual. Este pensamento segue pervivindo en moitos ámbitos da nosa sociedade, non en van foron moitos anos de inferioridade da muller como para cambiar de un día para outro o pensamento respecto a ela."

Miriam García Fernández


" Tanto na historia de Medusa como nesta existe o tema da violación. Nestes dous relatos tamén aparece o medo a mirala de fronte".

Mª Luz Sánchez Cerdeira


" Esta obra reflicte temas como o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña, e, por último, a repercusión social da violación."

Laura Amil Fernández ( 4ºB)

miércoles, noviembre 25, 2009

martes, noviembre 24, 2009

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Nunha data coma a de hoxe, queremos lembrar a importancia de palabras como RESPECTO, DIGNIDADE e SOLIDARIEDADE. Aínda queda moito por facer para erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade, somos conscientes diso, por ese motivo e, tal e como se anuncia en todas as campañas sobre este tema, é importante DICIR NON e tomar todas as medidas que estean ao noso alcance para deixar fora de xogo aos maltratadores.

Lembramos a continuación algunhas das páxinas web que podemos consultar:




Son moitas as obras literarias e cinematográficas que tratan esta temática.

A cabeza de Medusa (I)

Os nosos alumnos/-as de 1º de Bacharelato veñen de ler A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre. Coincidindo co 25 de novembro, aquí temos algúns comentarios que recollen as súas opinións sobre a obra e o tema da violencia de xénero que se plantexa nela.

" É moi triste a visión que a sociedade actual ten das violacións, ás veces semella como se a culpable fose a violada e non o violador. Quizais isto sexa por mor da nosa cultura e tradición, que en épocas máis antigas impoñía o castigo á violada. De feito este libro está inspirado na historia de Medusa, relatada nas Metamorfoses de Ovidio. Nesta obra Medusa foi violada e despois convertiuse nun monstro que paralizaba coa mirada."

Lucía Domínguez Mato

" O libro fai referencia a que non só agora existen violacións, senon que existiron sempre. Fai como unha introdución de cada capítulo cun anaco dun relato mitolóxico, bíblico,etc... que é como unha comparación. Tamén cando as rapazas dan na clase un tema sobre a análise das células nun caso de violación ou ben un relato mitolóxico demóstranos que en canto nos ocorre algo relacionado con estes temas é cando reflexionamos sobre eles e cando nos afectan de verdade."

Antía Pereiras Villamayor


" Este libro demostra a falta de humanidade dos pais dos violadores, que en lugar de sentirse avergoñados polo acto do seu fillo violador, intentan ocultalo e subornar aos pais da víctima ."

Sonia Fernández Limia

" Nalgúns momentos do libro as rapazas séntense como a Medusa, no modo en que ela foi culpada por ser violada e castigada en quitarlle a súa beleza volvéndolle en serpes os seus cabelos. Noutas ocasións tamén se senten culpables desa violación e algúns compañeiros fan sentilas culpables por diferentes actos como pintadas e comentarios, como que merecían que iso lles sucedese por como ían vestidas. Isto último paréceme lamentable, xa que ninguén vai pedindo ou merece que a violen por como vaia vestida."

Erea Rey Presas

domingo, noviembre 22, 2009

Los gritos del pasado

Fjällbacka, localidade costeira sueca, ve como a súa poboación multiplicase por dous nos meses do verán. Alí chegan Patrick e Erika, esta última na recta final do seu embarazo.


Sen embargo, o que parecía ser un período de descanso convírtese nun auténtico pesadelo para todos, debido o achádego do cadáver dunha turista e dos restos doutras mulleres que desapareceran hai moitos anos.

" - [... ] Catorce fracturas en distintas partes del esqueleto. Todas ellas anteriores al momento de la muerte, a juzgar por el distinto grado de consolidación ósea.

- ¿Quieres decir...?

- Quiero decir que le estuvieron rompiendo los brazos, las piernas, los dedos de las manos y de los pies durante, calculamos, una semana." ( Pax. 63).

O caso vaise complicando e as investigacións levan a Patrick e o seu equipo á misteriosa familia Hult que non parece moi disposta a colaborar. A tensión vai en aumento ata o final, que resulta sorprendente.

Por outra banda, as altas temperaturas causan moitísimas molestias ao embarazo de Erika e animan a amigos e familiares a visitar á parella, ante a súa desesperación.
  • Título : Los gritos del pasado.
  • Autora : Camilla Läckberg.
  • Editorial Maeva, 386 páxinas.

viernes, noviembre 20, 2009

Día dos Dereitos dos Nenos

Hoxe queremos lembrar, a través dun vídeo, os principais Dereitos dos nenos e a súa importancia. É unha data para reflexionar sobre moitos aspectos da nosa sociedade.

jueves, noviembre 19, 2009

Los viajes de Ulises (II)

Plantexámosvos hoxe unha pequena cuestión. Tedes que acertar o nome da persoaxe que aparece neste fragmento de "Los viajes de Ulises", obra que estades a ler nestes momentos en 4º de ESO.


" En el momento en que ... ... ... ... lanzaba la pelota, Atenea desvió su trayectoria, enviándola a un pozo excavado por una cascada. Todas gritaron tanto que Ulises se despertó. Eso precisamente quería la diosa, que había decidido que el divino Ulises sería llevado hasta el palacio de Alcínoo por ... ... ... Ulises salió, en efecto, del bosque, aún sucio de la espuma del mar. Puesto que estaba desnudo, tuvo cuidado, por pudor, de cubrirse con una frondosa rama. A pesar de esta precaución, cuando ya estaba cerca del grupo, las jóvenes huyeron. Únicamente ... ... ... ... permaneció en su lugar. Atenea había infundido audacia en su espíritu para este momento."

miércoles, noviembre 18, 2009

El librero de Kabul (II)

" Tres días después, el hermano de Yamila fue a comunicar a Sharifa que su hermana había muerto a causa de un cortocircuito en el ventilador. Al día siguiente fue enterrada, con muchas flores y muchos rostros serios; la madre y las hermanas inconsolables. Todo el mundo deploraba la muerte de Yamila en plena juventud.

- Igual que la boda-dijo la gente-. Un entierro magnífico.

El honor de la familia se había salvado.

Sharifa le había dejado el vídeo de la boda al hermano de Yamila, pero éste nunca se lo devolvió; no debía quedar testimonio alguno de que se había celebrado esa boda. Sharifa conserva, no obstante, algunas fotos,pocas,de ese día. A los novios de les ve muy serios cortando la tarta. Yamila está exquisita con su vestido y su velo blancos, es la misma imagen de la inocencia, el pelo negro y reluciente y la boca roja. Sharifa suspira. Yamila cometió ciertamente un gran crimen, pero más por estupidez que por malicia.

- No mereció morir, pero fue la voluntad de Alá-murmura antes de empezar a recitar en voz baja una oración.

Todavía hay algo que no logra entender:los dos días que duró el consejo de familia tras el cual la madre de Yamila-¡su propia madre!-aceptó que había que matarla. Fue la madre quien al final mandó a sus hijos a asesinar a Yamila. Juntos entraron en el cuarto de su hermana, juntos pusieron un cojín sobre su cara y juntos lo presionaron cada vez más fuerte hasta que el cuerpo de la joven se apagó.

Luego volvieron al lado de la madre." (Pág.42-43).


  • Título : El librero de Kabul.
  • Autora : Asne Seierstad.
  • Editorial Maeva, 253 páginas.

martes, noviembre 17, 2009

El librero de Kabul (I)

" Yamila era de muy buena familia, rica, irreprochable y bella como una flor. El hermano de Sharifa había ahorrado dinero en Canadá y podía, por tanto, permitirse pedir la mano de esta belleza de dieciocho años. La boda no tuvo igual, con quinientos invitados, platos fastuosos y la novia espléndida. Todo había sido organizado por los padres, y Yamila no conoció a su prometido hasta el día de la boda. El novio, un hombre alto y flaco, de unos cuarenta años, vino directamente de Canadá para casarse con la afgana, pasó quince días con su esposa y luego regresó a Canadá para ocuparse del visado de Yamila y que ella pudiera seguirle los pasos. Mientras tanto, ella vivía con los dos hermanos de Sharifa y las esposas de ambos; pero el proceso para obtener el visado tardó más de lo esperado.

Al cabo de tres meses estalló el escándalo. La policía informó a la familia de que alguien había visto entrar a un hombre en el cuarto de Yamila por la ventana. Al hombre no le cogieron nunca , pero los hermanos de Sharifa encontraron su teléfono móvil en el cuarto como prueba de la relación. La familia de Sharifa anuló el matrimonio de inmediato y devolvieron a Yamila a su propia familia. La muchacha fue encerrada en una habitación mientras se celebraba un consejo familiar que duró tres días." (Pág. 41-42).

sábado, noviembre 14, 2009

Xela volveuse vampira!!


Xela é a profesora de Breixo, Matilde, Filipe...Todos adórana. É unha muller chea de vitalidade que contaxia aos demais. Sen embargo, ao voltar das vacacións, non parece a mesma: deixou de interesarse polo seu entorno, o seu aspecto físico non é o mesmo, non sorri nunca...

"Un luns deulle por se pintar de violeta arredor dun ollo, como esquecera pintar o outro, quedáballe fatal! Semellaba unha morta vivinte, mesmo daba unha miga de arrepío! Incluso se lle puxera a voz rouca." (Páx.13).

Así que Breixo decide levarlle a súa casa a camelia que deixara esquecida no colexio e saber o que lle pasa a súa profesora.

  • Título : Xela volveuse vampira!!
  • Autora: Fina Casalderrey
  • Ilustracións de Noemí López
  • Baía Edicións, Contos da Igualdade nº2, 55 páxinas.

Luz Casal

Luz Casal ven de recibir unha importante distinción: a Medalla da Orden das Artes e das Letras en Francia. Parabéns!

jueves, noviembre 12, 2009

Visita a Lucus Augusti (II)

A continuación, visitamos a Casa dos Mosaicos. É aquí onde se atopa a domus (casa romana de cidade). Chamounos moito a atención o grande espazo que ocupaba soamente unha sala para invitados. Sen dúbida as domus pertencían a xente con bastante diñeiro.


E, finalmente, concluímos a visita a Lucus Augusti coa volta a ronda da muralla.


Foi unha das excursión máis interesantes, xa que aprendimos cousas moi interesantes, que todo o mundo debería coñecer.




miércoles, noviembre 11, 2009

Visita a Lucus Augusti (I)

Beatriz Espiño Fuentes, de 4ºA, é a autora desta información sobre a Excursión a Lucus Augusti.

O xoves 5 de outubro os alumnos de Cultura clásica ,Latín e Grego fomos de excursión a Lucus Augusti.

O primeiro que visitamos foi o Museo Provincial de Lugo, o cal antigamente era un mosteiro benedictino. Alí puidemos ver diversos restos romanos: aras, estelas funerarias, miliarios, moedas, cerámica…

Seguidamente, camiñamos ata chegar ao Centro de Interpretación da muralla. Aquí amosáronnos un vídeo co que puidemos comprender as principais diferenzas que presenta a actual muralla respeto a como era antes. Deixáronnos un tempo libre para que nós mesmos pudiésemos ver videos e demais explicacións da estrutura da muralla.