" É un libro cheo de sensacións onde a característica de ser muller e estar na adolescencia faino máis poderoso. Lendo este libro pregúntaste unha e outra vez: poderiame pasar a min? Como reaccionaría? Sería valente e denunciaría a violación?."
Tania Nogueira Montoto
" A cabeza de Medusa da autora Marilar Aleixandre é unha obra que fai referencia ao relato da Medusa do autor Ovidio, non tanto a este relato en concreto senon a moitos outros das Metamorfoses nos que as rapazas son violadas e castigadas por este feito. Isto era o pensamento xeneralizado na antigüidade, a muller era inferior ao home e moitas veces era tratada coma un obxecto sexual. Este pensamento segue pervivindo en moitos ámbitos da nosa sociedade, non en van foron moitos anos de inferioridade da muller como para cambiar de un día para outro o pensamento respecto a ela."
Miriam García Fernández
" Tanto na historia de Medusa como nesta existe o tema da violación. Nestes dous relatos tamén aparece o medo a mirala de fronte".
Mª Luz Sánchez Cerdeira
" Esta obra reflicte temas como o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña, e, por último, a repercusión social da violación."
Laura Amil Fernández ( 4ºB)
No hay comentarios:
Publicar un comentario