Os nosos alumnos/-as de 1º de Bacharelato veñen de ler A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre. Coincidindo co 25 de novembro, aquí temos algúns comentarios que recollen as súas opinións sobre a obra e o tema da violencia de xénero que se plantexa nela.
" É moi triste a visión que a sociedade actual ten das violacións, ás veces semella como se a culpable fose a violada e non o violador. Quizais isto sexa por mor da nosa cultura e tradición, que en épocas máis antigas impoñía o castigo á violada. De feito este libro está inspirado na historia de Medusa, relatada nas Metamorfoses de Ovidio. Nesta obra Medusa foi violada e despois convertiuse nun monstro que paralizaba coa mirada."
Lucía Domínguez Mato
" O libro fai referencia a que non só agora existen violacións, senon que existiron sempre. Fai como unha introdución de cada capítulo cun anaco dun relato mitolóxico, bíblico,etc... que é como unha comparación. Tamén cando as rapazas dan na clase un tema sobre a análise das células nun caso de violación ou ben un relato mitolóxico demóstranos que en canto nos ocorre algo relacionado con estes temas é cando reflexionamos sobre eles e cando nos afectan de verdade."
Antía Pereiras Villamayor
" Este libro demostra a falta de humanidade dos pais dos violadores, que en lugar de sentirse avergoñados polo acto do seu fillo violador, intentan ocultalo e subornar aos pais da víctima ."
Sonia Fernández Limia
" Nalgúns momentos do libro as rapazas séntense como a Medusa, no modo en que ela foi culpada por ser violada e castigada en quitarlle a súa beleza volvéndolle en serpes os seus cabelos. Noutas ocasións tamén se senten culpables desa violación e algúns compañeiros fan sentilas culpables por diferentes actos como pintadas e comentarios, como que merecían que iso lles sucedese por como ían vestidas. Isto último paréceme lamentable, xa que ninguén vai pedindo ou merece que a violen por como vaia vestida."
Erea Rey Presas
No hay comentarios:
Publicar un comentario