Xela é a profesora de Breixo, Matilde, Filipe...Todos adórana. É unha muller chea de vitalidade que contaxia aos demais. Sen embargo, ao voltar das vacacións, non parece a mesma: deixou de interesarse polo seu entorno, o seu aspecto físico non é o mesmo, non sorri nunca...
"Un luns deulle por se pintar de violeta arredor dun ollo, como esquecera pintar o outro, quedáballe fatal! Semellaba unha morta vivinte, mesmo daba unha miga de arrepío! Incluso se lle puxera a voz rouca." (Páx.13).
Así que Breixo decide levarlle a súa casa a camelia que deixara esquecida no colexio e saber o que lle pasa a súa profesora.
- Título : Xela volveuse vampira!!
- Autora: Fina Casalderrey
- Ilustracións de Noemí López
- Baía Edicións, Contos da Igualdade nº2, 55 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario