Fjällbacka, localidade costeira sueca, ve como a súa poboación multiplicase por dous nos meses do verán. Alí chegan Patrick e Erika, esta última na recta final do seu embarazo.
Sen embargo, o que parecía ser un período de descanso convírtese nun auténtico pesadelo para todos, debido o achádego do cadáver dunha turista e dos restos doutras mulleres que desapareceran hai moitos anos.
" - [... ] Catorce fracturas en distintas partes del esqueleto. Todas ellas anteriores al momento de la muerte, a juzgar por el distinto grado de consolidación ósea.
- ¿Quieres decir...?
- Quiero decir que le estuvieron rompiendo los brazos, las piernas, los dedos de las manos y de los pies durante, calculamos, una semana." ( Pax. 63).
O caso vaise complicando e as investigacións levan a Patrick e o seu equipo á misteriosa familia Hult que non parece moi disposta a colaborar. A tensión vai en aumento ata o final, que resulta sorprendente.
Por outra banda, as altas temperaturas causan moitísimas molestias ao embarazo de Erika e animan a amigos e familiares a visitar á parella, ante a súa desesperación.
- Título : Los gritos del pasado.
- Autora : Camilla Läckberg.
- Editorial Maeva, 386 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario