31/10/09

O único que queda é o amor


Thalía Troitiño González, alumna de 2º de Bachillerato, nos hace la siguiente recomendación :


Este libro es una compilación de varios relatos, todos relacionados con el tema del amor. Son todos relatos breves, con un léxico claro, aparte de ser muy entretenidos, que hacen que la lectura sea rápida.

El libro en general me gustó, pero uno de los relatos que más me agradó fue el primero, el de la chica que sigue una serie de pistas que la llevarán a encontrar a su amado. La forma en la que se desarrolla me cautivó desde el primer momento. Los fragmentos que servían de pistas me gustaron mucho y me hicieron disfrutar de la lectura.

Sin duda recomiendo este libro, porque es muy divertido y te engancha desde el primer momento.

30/10/09

Visita de Anxo Fariña

Onte pola tarde visitounos Anxo Fariña, o autor dos Megatoxos. Había certa expectación entre o alumnado de 1º de ESO e a verdade é que a todos nos soubo a pouco. A charla resultou moi amena e instructiva, porque ademais de explicarnos o proceso de creación de imaxes (máis laborioso do que poida parecer nun primeiro momento), tamén puidemos crear microrrelatos a partir das súas suxerencias.


Dounos bos consellos á hora de escribir, por exemplo, comezar polo máis simple, partindo de historias curtas e salientou a importancia das persoaxes.

Falounos tamén dos seus libros, sobre todo da última historia (Os Megatoxos e os templarios da luz).
Fíxonos un estupendo agasallo que lle agradecemos e esperamos ter outra oportunidade para poder compartir as súas historias.

Se queredes poñervos en contacto co autor, compartir os vosos comentarios sobre as lecturas con outras persoas... deixamos aquí o seguinte enlace http://megatoxos.blogspot.com/






27/10/09

Ítaca


Cristina Costa Casal, de 1º de Bacharelato, é a autora da tradución ao galego deste poema de Konstantinos Kavafis, Ítaca.


Cando emprendas a túa viaxe cara a Ítaca

debes rogar que a viaxe sexa longa,

chea de peripecias, chea de experiencias.

Non has temer nin aos lestrigones nin aos cíclopes,

nin á cólera do airado Poseidón.

Nunca tales monstros acharás na túa ruta
se o teu pensamento é elevado,se unha exquisita

emoción penetra na túa alma e no teu corpo.

Os lestrigones e os cíclopes

e o feroz Poseidón non poderán atoparche
se ti non os levas xa dentro, na túa alma,
se a túa alma non a conxura diante túa.

Debes rogar que a viaxe sexa longa,
que sexan moitos os días de verán;

que che vexan arribar con gozo, alegremente,
a portos que ti antes ignorabas.
Que podes deterche nos mercados de Fenecia,

e comprar unhas belas mercadorías:

madreperlas, coral, ébano e ámbar,
e perfumes pracenteiros de mil clases.
Acode a moitas cidades do Exipto para aprender,
e aprender de quen sabe.
Conserva sempre na túa alma a idea de Ítaca:

chegar alí, velaquí o teu destino.
Mais non fagas con présas o teu camiño;

mellor será que dure moitos anos,
e que chegues, xa vello, á pequena illa,

rico de canto gañarías no camiño.
Non has de esperar que Ítaca che enriqueza:

Ítaca proporcionouche xa unha fermosa viaxe,

sen ela, xamais partirías;

mais non ten outra cousa que ofrecerche.

e se a atopas pobre, Ítaca non che enganou,
e sendo xa tan vello, con tanta experiencia,

sen dúbida saberás xa que significan as Ítacas.

26/10/09

Los viajes de Ulises

"En el Olimpo, los dioses están reunidos. Atenea, la hija de Zeus, les narra los tormentos de Ulises.


- Hace veinte años que Ulises abandonó su isla de Ítaca. Durante diez años,ha combatido bajo las murallas de Troya,ha demostrado ser un jefe valiente e ingenioso y ha padecido los horrores de la guerra,lejos de los suyos.La guerra hace diez años que terminó y él continúa vagando sobre las olas del mar,separado de sus esposa Penélope y de su hijo Telémaco.Ulises era un rey prudente,justo y bueno.¿De qué le han servido todas estas cualidades si,hoy día,su pueblo ya no se acuerda de él?únicamente Penélope y Telémaco esperan sin desfallecer su vuelta,fieles a su recuerdo.En este momento,Ulises está retenido como prisionero en la isla de Ogigia por la ninfa Calipso.¿Cómo podrá él solo alcanzar las playas de Ítaca?¡Zeus,padre mío,permitidle regresar a su morada!

-¡Sea como decís!-respondió Zeus,rey de los dioses-."

Así comeza o segundo capítulo de "Los viajes de Ulises", da editorial Akal, nunha colección na que se conxugan a documentación e os xogos para achegarnos dun xeito ameno aos grandes persoaxes do mundo clásico.

20/10/09

Hipatia (II)

Hipatia era pagá e a súa situación correu perigo nunha cidade cada vez máis cristiá, véndose perseguida como outros neoplatónicos. No 412, Cirilo (despois San Cirilo) converteuse en patriarca de Alexandría. Con todo, o prefecto romano de Alexandría era Orestes e ambos se converteron en acérrimos rivais políticos na loita polo control entre igrexa e estado. Hipatia era amiga e mestra de Orestes e isto, xunto cos prexuízos contra as súas posicións filosóficas que eran consideradas pagás polos cristiáns, fixeron que Hipatia convertésese no punto central das loitas entre cristiáns e non-cristiáns.

Dise que Cirilo o bispo de Alexandría era inimigo seu e foi o principal responsable da súa morte, pero non existe documentación que o acredite de xeito directo. Creou un ambiente de odio e fanatismo contra ela e en marzo do ano 415, Hipatia foi asasinada por un grupo de monxes da igrexa de San Cirilo de Xerusalén. Conta como un grupo de cristiáns atolondrados, impetuosos e violentos, seguidores dun tal Pedro foron na súa busca, golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade ata o templo Cesáreo, onde a cortaron con buguinas afiadas ata a súa morte. Despois, despezárona e queimárona nun lugar chamado Cinaron. Deste xeito estaban a dar morte a algo que consideraban como idolatría e herexía.

Se queredes saber máis sobre Hipatia e sobre o ambiente da Alexandría do século IV d. C. podedes ler a súa vida neste libro da historiadora Clelia Martínez Maza e así ver a película de Amenabar dende un punto de vista máis obxectivo.

19/10/09

Mes da Biblioteca Escolar (II)

Para conmemorar o Mes da Biblioteca Escolar, ao longo de toda a semana e ata finais de mes,imos premiar aos bos lectores do noso centro.

Só tes que achegarte á biblioteca, ler un libro e deixar a túa opinión sobre el por escrito. Estas recomendacións de lectura serán publicadas no blog da biblioteca e os 80 primeiros alumnos que participen recibirán un pequeno agasallo.

16/10/09

Hipatia (I)

Dende o Departamento de Latín e Grego, Belén González, que tamén pertence ao equipo da biblioteca, achéganos á figura de Hipatia de Alexandría.


¿Sabedes que a nova película de Amenábar,“Agora”,está baseada na vida dunha muller real, Hipatia de Alexandría, filósofa e científica do século IV d. C.? Aquí tedes alguns datos da súa biografía.

Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século IV d. C., algunhas referencias din no 370 e outras no 355, en pleno Imperio Romano tardío. O seu pai ,Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo que de seguro traballaba e daba clases na biblioteca, (a que substituíu á lendaria Biblioteca de Alexandría que desapareceu no incendio do 48 a.C) . Hipatia era unha muller aberta ó saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto.


Aprendeu a historia das diferentes relixións que se coñecían naquel entón, oratoria, o pensamento dos filósofos neoplatónicos e os principios do ensino. Viaxou a Atenas e a Roma co afán de aprender e ensinar e a súa casa foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraidos pola súa fama. Un dos seus alumnos foi Sinesio de Cirene, bispo de Ptolemaida (en Fenicia), rico e poderoso, que deixou escrita información sobre Hipatia, a súa mestra. Asemade, Hipatia interesouse pola mecánica e a tecnoloxía. Sábese que inventou un aparello para destilar auga, un hidrómetro graduado para medir a densidade dos líquidos e un astrolabio.

15/10/09

A viaxe de Ulises

Ao longo do presente curso as actividades da biblioteca estarán orientadas a un tema común:a viaxe. O seu referente será a viaxe de Ulises e o medio empregado será unha goleta. Pareceunos interesante tratar este tema polas moitas posibilidades que ofrece:a viaxe como metáfora, as actividades que xurden en torno a el, as obras literarias que tratan esta temática...

Esta viaxe que iniciamos constará dunha serie de etapas:

.1ª etapa: outubro. Comeza a viaxe partindo da nosa biblioteca. Mañá imos ter a primeira reunión co equipo de alumnos colaboradores, hai un grupo numeroso que está traballando dende os primeiros días. Tamén imos poñer en marcha as Mochilas viaxeiras. Cada mochila viaxará ata a casa das familias para que todos poidan disfrutar do seu contido ( cómics, material audiovisual, poemas...) Pódense deixar comentarios ou suxerencias na libreta que as acompaña. O primeiro grupo vai ser 1ºESO-A.

Tamén baixaremos por grupos aos rapaces para que poidan ver un Power Point "Coñece a túa biblioteca", coincidindo co 24 de outubro.

14/10/09

Festival de Cine de Ourense


O vindeiro sábado 17 de outubro remata o 14 Festival de Cine Internacional de Ourense, que comezou o día 10. A película inaugural foi "Celda 211", de Daniel Monzón.

A selección Oficial presenta 200 produccións,das que 106 pertencen á Competición Oficial e as 94 restantes á Selección Temática paralela.

Coincidindo co 50 aniversario da publicación de A esmorga, o Festival rinde homenaxe ao seu autor, Eduardo Blanco Amor.


13/10/09

Otra vida para Cristina


Tal e como di o título deste libro, Cristina ,unha adolescente que vive en Madrid, ve como cambia a súa vida de súpeto despois de perder os seus pais nun accidente de tráfico. Os seus familiares deciden que o mellor para ela, de xeito provisional, é que se instale con Virxinia, a súa tía, unha muller enigmática que non se falaba coa familia e que vive en Ribadeo. Sen embargo o que ela non sabe é ata que punto este cambio vai ser importante na súa existencia...

"Los días pasaban, a veces más lentos, a veces más deprisa. En Ribadeo hacía frío, aunque no tanto como en Madrid, pero llovía un montón y el mar se ponía de un color ceniza muy triste. A veces soplaba muy fuerte el viento del norte y entonces lo que más me gustaba era sentarme junto a la ventana para leer un libro mientras la lluvia se estrellaba en los cristales. Había acabado La vuelta al mundo en ochenta días, y la tía me dijo que leyese Huckleberry Finn, de Mark Twain, que me estaba gustando mucho."
  • Título : Otra vida para Cristina.
  • Autora : Marta Rivera de la Cruz.
  • Editorial Anaya, 123 páxinas.

8/10/09

Mes da Biblioteca escolar

Parécenos unha excelente idea a de adicar o mes de outubro á Biblioteca Escolar. Gústanos o cartel que fixo Miguelanxo Prado con este motivo (Bibliotecas escolares. Espazos de lecturas), que reproducimos neste post.O ano pasado tamén lembramos ao longo de todo o mes a importancia da biblioteca como lugar fundamental na aprendizaxe como centro de recursos, e durante este curso estamos traballando nesta dirección. Por esta razón imos levar a cabo unha serie de actividades para dar a coñecer a biblioteca , lembrar as normas da mesma,..

Entre elas incluimos as seguintes :


- Creación du equipo de colaboradores entre o alumnado para implicarse máis directamente na biblioteca (reunirémonos a vindeira semana e organizaremos turnos).

- Elaboración dun Power Point co título de "Coñece a túa biblioteca", dirixido, sobre todo, ao alumnado do 1º Ciclo da ESO.

- Marathón de lectura para alumnos e profesores.

- Reparto dos carnés lectores para o alumnado de nova incorporación...

Estamos ultimando todos os detalles e, por suposto, invitamos á participación de toda a comunidade educativa nas propostas da biblioteca.

Anticipamos que este curso faremos unha viaxe interesante da man de Ulises...

6/10/09

Corazón de tinta


Alberto Domínguez, estupendo lector e colaborador da biblioteca, fainos a seguinte recomendación :

"Es de los pocos libros que me enganchó de verdad, me gustó porque las páginas son cada vez más emocionantes.

Los personajes son Mortimer (Lengua de Brujo), Meggie, Dedo Polvoriento, Capricornio, Nariz Chata... Cada uno tiene un papel fundamental en el libro.

La historia comienza cuando Mortimer lee un libro y Capricornio y sus secuaces aparecen desde un libro con Dedo Polvoriento, pero cuando ellos salen la mujer de Mortimer queda dentro del libro.

Yo creo que es una obra que vale la pena leer."
  • Título : Corazón de tinta.
  • Autora : Cornelia Funke.
  • Editorial Siruela, 598 páginas.


4/10/09

Mercedes Sosa

"No soy joven ni hermosa, pero tengo mi voz y el alma que sale en mi voz" ( entrevista en 2001).

2/10/09

Gunnm


Un alumno de 1º de ESO que non quere ser citado fainos a seguinte recomendación sobre o primeiro libro da serie de Gunnm ( Alita, Ángel de combate) de Yukito Kishiro:

" Os recomiendo este libro por la acción y la historia de fondo. La historia está protagonizada por Alita, una chica valiente. Acabo de coger de la biblioteca los tres siguientes y espero terminarlos el fin de semana."


Na biblioteca temos a serie completa, baseada na última edición xaponesa.

LinkWithin