15/10/09

A viaxe de Ulises

Ao longo do presente curso as actividades da biblioteca estarán orientadas a un tema común:a viaxe. O seu referente será a viaxe de Ulises e o medio empregado será unha goleta. Pareceunos interesante tratar este tema polas moitas posibilidades que ofrece:a viaxe como metáfora, as actividades que xurden en torno a el, as obras literarias que tratan esta temática...

Esta viaxe que iniciamos constará dunha serie de etapas:

.1ª etapa: outubro. Comeza a viaxe partindo da nosa biblioteca. Mañá imos ter a primeira reunión co equipo de alumnos colaboradores, hai un grupo numeroso que está traballando dende os primeiros días. Tamén imos poñer en marcha as Mochilas viaxeiras. Cada mochila viaxará ata a casa das familias para que todos poidan disfrutar do seu contido ( cómics, material audiovisual, poemas...) Pódense deixar comentarios ou suxerencias na libreta que as acompaña. O primeiro grupo vai ser 1ºESO-A.

Tamén baixaremos por grupos aos rapaces para que poidan ver un Power Point "Coñece a túa biblioteca", coincidindo co 24 de outubro.

No hay comentarios:

LinkWithin