Parécenos unha excelente idea a de adicar o mes de outubro á Biblioteca Escolar. Gústanos o cartel que fixo Miguelanxo Prado con este motivo (Bibliotecas escolares. Espazos de lecturas), que reproducimos neste post.O ano pasado tamén lembramos ao longo de todo o mes a importancia da biblioteca como lugar fundamental na aprendizaxe como centro de recursos, e durante este curso estamos traballando nesta dirección. Por esta razón imos levar a cabo unha serie de actividades para dar a coñecer a biblioteca , lembrar as normas da mesma,..
Entre elas incluimos as seguintes :
- Creación du equipo de colaboradores entre o alumnado para implicarse máis directamente na biblioteca (reunirémonos a vindeira semana e organizaremos turnos).
- Elaboración dun Power Point co título de "Coñece a túa biblioteca", dirixido, sobre todo, ao alumnado do 1º Ciclo da ESO.
- Marathón de lectura para alumnos e profesores.
- Reparto dos carnés lectores para o alumnado de nova incorporación...
Estamos ultimando todos os detalles e, por suposto, invitamos á participación de toda a comunidade educativa nas propostas da biblioteca.
Anticipamos que este curso faremos unha viaxe interesante da man de Ulises...
No hay comentarios:
Publicar un comentario