sábado, agosto 25, 2012
miércoles, agosto 15, 2012
Shirley Valentine
Verónica Forqué da vida á personaxe de Shirley Valentine, unha muller que se sinte soa en moitos momentos e que se debate nun dilema: acompañar ou non a unha amiga nunha viaxe a Grecia.
Soa en escea, a súa interpretación de Shirley emociónanos ao dar vida a unha muller que leva unha existencia triste e monótona, que viviu momentos felices, pero que non se sinte valorada e que pasa desapercibida na súa casa e no seu entorno. Ao seu home parece preocuparlle especialmente que a cea estea servida cando el chegue a casa pero a ela ignóraa completamente. Os seus fillos xa son maiores e non parecen preocuparse por ela así que, cos billetes de avión gardados nun caixón, decide dar un paso adiante e ser valente.
Resulta divertida en moitos momentos e noutros os interrogantes que plantexa non obteñen outra resposta que o silencio.
Os nosos aplausos encheron o teatro ao final da representación.
martes, agosto 07, 2012
Chavela Vargas
“Me voy. Les dejo de herencia mi libertad, que es lo más preciado del ser humano”.
Chavela Vargas
viernes, agosto 03, 2012
Las horas distantes
"¿Alguna vez se han preguntado cómo huele el paso del tiempo? La verdad es que a mí nunca se me había ocurrido, al menos antes de entrar en Milderhurst Castle. Ahora, desde luego, lo sé. A moho y amoniaco, una pizca de amoníaco y bastante de polvo, a viejas hojas de papel completamente desintegradas. Y había algo más, subyacente, que lindaba con lo asfixiante y pútrido, aunque no era exactamente eso. Tardé un buen rato en comprender de dónde provenía ese olor: es el pasado." (Páx.70).
Unha carta que chega ao seu destinatario con 50 anos de retraso é o detonante desta historia na que se mesturan, entre outros temas, o misterio, os conflictos familiares, as relacións persoais e a literatura. Así, a través do relato de Eddie Burchill, unha xoven editora, podemos chegar a reconstruir a historia de Meredith, a súa nai, e receptora da carta, que foi evacuada na Segunda Guerra Mundial e acollida na casa das irmás Blythe (Percy,Saffy e Juniper).
O relato, que vai alternando pasado e presente, transcorre sobre todo en Milderhurst Castle, a residencia das irmás Blythe, que deben enfrontarse ó seu pasado e ó misterio que dende hai moitos anos envolve as súas vidas.
martes, julio 24, 2012
Hopper
O verán é, sobre todo, a época do ano na que temos moito tempo libre para adicar ás nosas afeccións. Agora , e ata o 16 de setembro, podemos disfrutar da obra de Hopper (1882-1967) no museo Thyssen. A mostra está composta por 73 cadros e nela tamén podemos admirar obras doutros artistas como Degas ou Valloton.
Persoalmente, gústanme os seus personaxes pensativos en situacións da vida cotiá. Dan a sensación de que sempre pode dedicarse un tempo a un mesmo en calquera situación.
La pintura de Hopper expuesta en el Museo Thyssen de Madrid
La pintura de Hopper expuesta en el Museo Thyssen de Madrid
viernes, junio 15, 2012
Pelegríns de papel
Queremos presentar hoxe unha actividade que nos parece interesante e que imos desenvolver ao longo do ano. Chámase Pelegríns de Papel. É o nome dunha biblioteca itinerante que irá pasando por diversos lugares para levar cerca da xente os libros e a lectura. Con esta iniciativa, Avanza Trasdeza busca promover o encontro e a participación dos cidadáns silledenses en torno á lectura.
Dende a biblioteca imos facer un intercambio de materiais que pensamos vai contribuir a ao fomento da lectura.
Pódese participar de moitas formas:
- Levando e lendo libros, ou doándonos algúns dos teus para a colección.
- Pedindo un Punto de Lectura para poñelo na túa casa ou no teu negocio.
- Asistindo ás actividades de animación á lectura que se organicen...
Pasade pola biblioteca e collede o voso libro ( agora que está aí o verán semella un bo momento para disfrutar coa lectura).
lunes, mayo 28, 2012
De Balbino a hoxe
A semana pasada tivemos a sorte de contar en Silleda coa visita de Xosé Neira Vilas, todo un privilexio. Tomamos boa nota das súas palabras e foron moitas as preguntas sobre a súa obra que lle plantexamos no noso centro, sobre todo os alumnos de 2º de ESO que están a ler nestes momentos Memorias dun neno labrego.
Tamén asistimos á presentación do libro do noso compañeiro Xoan Carlos García Porral, De Balbino a hoxe. Cambios e transformacións na aldea galega.
viernes, mayo 18, 2012
jueves, mayo 17, 2012
Deixounos Carlos Fuentes
Triste nova para o mundo das Letras, a morte de Carlos Fuentes (Panamá, 1928), un dos autores do chamado boom da novela hispanoamericana, xunto con Julio Cortázar, Mario Vargas Llosa, Gabriel García Márquez...
Da súa extensa obra, eliximos un fragmento de La muerte de Artemio Cruz (1962), un dos seus libros máis coñecidos.
"ÉL apartó las cortinas y respiró el aire limpio. Había entrado la brisa temprana, agitando las cortinas para anunciarse.Miró hacia afuera: estas horas del amanecer eran las mejores, las más despejadas, las de una primavera diaria. No tardaría en sofocarlas el sol palpitante. Pero a las siete de la mañana, la playa frente al balcón se iluminaba con una paz fresca y un contorno silencioso".
miércoles, mayo 09, 2012
La perla (II)
" Por la ciudad se cuenta la historia de la gran perla , de cómo fue hallada y cómo la perdieron. Cuentan la historia de Kino, el pescador, de su esposa Juana y de su bebé Coyotito. Y tantas veces la han contado que ha quedado grabada en la mente de todos. Y, como en todos los cuentos que van de boca en boca y calan en los corazones de las gentes, sólo existen los extremos:lo bueno o lo malo, lo blanco o lo negro, cosas virtuosas y malignas, y no hay posiciones intermedias.
Si se toma esta historia como una parábola, es probable que cada uno le dé una interpretación particular y pueda aplicársela a su propio caso. Sea como fuere, dicen en la ciudad que..."
miércoles, mayo 02, 2012
Semana de Dickens (II)
Como resumo de todos os traballos que se fixeron na Semana de Dickens, elaboramos unha pequena presentación na que se recollen os murais feitos polos alumnos, o material audiovisual...
Queremos agradecer a todos as súas aportacións e moi especialmente a Raquel Rodríguez, do Departamento de Inglés, pola súa implicación nesta actividade.
Semana de Dickens (II) on PhotoPeach
martes, mayo 01, 2012
Cuando pase tu ira
"Intento correr la puerta a un lado con las dos manos. He soltado el cabo y la linterna, que se hunden poco a poco hacia el fondo. La puerta no se mueve del sitio. Mi fuerte respiración me retumba en los oídos mientras en vano estiro y empujo. Entiendo que el bromista está de pie al otro lado. Hay alguien de pie encima de la puerta". (Páx.19)
A avogada Rebecka Martinsson soña cunha muller que tenta comunicarse con ela. Todo apunta a que podería tratarse da xoven Wilma, cuxo cadáver ven de aparecer no río. Non hai rastro de Simon, o seu mozo e en Kiruna comeza unha investigación para esclarecer os feitos. Sen embargo, a medida que vai pasando o tempo van xurdindo moitos interrogantes: foi un accidente ou un asasinato? Que estaban a buscar no río? Por que semella que non queren falar os veciños? Que tratan de ocultar os seus familiares?
No vídeo que reproducimos a continuación a autora fálanos da súa novela.
martes, abril 24, 2012
Semana de Dickens
Para celebrar o Día do Libro, durante toda a semana faranse na biblioteca lecturas de fragmentos das obras máis representativas de Charles Dickens. Hoxe, os alumnos de 2º da ESO estiveron lendo Canto de Nadal.
A continuación podedes ver unha parte desta coñecida historia.
A continuación podedes ver unha parte desta coñecida historia.
jueves, abril 19, 2012
Cadros mitolóxicos
Gústanos a Mitoloxía e non é a primeira vez que tentamos achegarnos a ela. Nesta ocasión decidimos facelo mediante unha exposición que leva por título Cadros Mitolóxicos. Trátase de relacionar o texto e o título cos seus respectivos cadros, tal e como podedes ver na montaxe que presentamos a continuación.
Queremos agradecer o traballo de alumnos e profesores neste proxecto.
Cadros mitolóxicos on PhotoPeach
domingo, abril 15, 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




