31/8/09

El último Dickens


Cando falece Charles Dickens, no ano 1870, o derradeiro dos seus libros, El misterio de Edwin Drood, queda inacabado. Sabemos que escribiu as 6 primeiras entregas pero a obra ía constar de 12. En El último Dickens , Mattheuw Pearl tenta reconstruir os últimos anos da vida do escritor e, ao mesmo tempo, indagar no misterio que rodea esta obra.

A acción transcorre en varios países (a India, EE.UU, Gran Bretaña...) e, nun primeiro momento, estes cambios espaciais, ao igual que os saltos no tempo, desconcertan un pouco.

Será James Ripley Osgood, editor de Fields,Osgood&Co., que ten a exclusiva en América para a publicación das obras de Dickens, o encargado, xunto con Rebecca Sand, de viaxar á terra do autor para obter información sobre este enigmático libro.

Por outra banda, unha serie de mortes relacionadas coa obra non fan máis que aumentar o misterio.

A trama é complexa. Aparecen moitos personaxes, diversos temas como o tráfico de opio, a piratería literaria,...Pódese dicir que a primeira parte da novela resulta lenta. A medida que imos avanzando na lectura, vai aumentando a tensión e as últimas páxinas teñen un ritmo bastante máis rápido que o principio da novela, na que se mesturan realidade e ficción.


  • Título : El último Dickens.
  • Autor : Matthew Pearl
  • Editorial Alfaguara, 500 páxinas.

30/8/09

Stevens

Este é o nome do protagonista de Los restos del día de Kazuo Ishiguro, novela que foi levada ao cine no ano 1993 por James Ivory. Eu vira a película pero non lera a obra e debo dicir que me pareceu unha excelente novela . Nela cóntase a vida de Stevens, un mordomo que vive por e para o seu traballo, tentando acadar a excelencia. En varios momentos da obra reflexiónase sobre as virtudes que debería ter un mordomo perfecto : "un requisito fundamental es que el candidato posea la dignidad propia de su condición" (páx. 41).

Darlington Hall é a mansión inglesa na que transcorre a súa vida.Alí, traballando para lord Darlington, nos anos de entreguerras, e para mister Farraday, norteamericano, na década dos cincuenta, decide emprender unha curta viaxe para visitar a Miss Kenton, a antiga ama de chaves da mansión coa esperanza de que regrese.

Na obra imos percibindo moitos cambios na sociedade inglesa. Os momentos históricos non son os mesmos e a rixidez inicial deixa paso a outros tempos menos estrictos. Miss Kenton, neste sentido, tenta que Stevens abra os ollos e saia do seu aillamento. As lembranzas dos momentos que compartiron é fundamental na novela e afloran continuamente na viaxe emprendida.


18/8/09

A Gioconda cumpre 500 anos

Leonardo da Vinci (1452-1519) foi o creador dunha das pinturas más fascinantes de todos os tempos : A Gioconda. Agora cumpre 500 anos e para celebralo podemos vivitar a exposición que leva por título Joconde. Da Monna Lisa alla Gioconda nuda no Museo Ideale Leonardo da Vinci
ata o 30 de setembro.

17/8/09

Planeta Terra : o Futuro (III)

A auga é agora e vai ser no futuro un recurso fundamental. Debemos usala de xeito racional.
Tamén son moi importantes os nosos bosques. Nalgúns países como Costa Rica, téñense levado a cabo iniciativas interesantes.

14/8/09

La estepa infinita

Cando Esther Hautzig tiña 10 anos e vivía en Vilna, que entón pertencía a Polonia, viuse obrigada a deixar a súa casa pola forza e trasladarse a Siberia xunto coa súa familia. Estamos nos tempos da Segunda Guerra Mundial. A viaxe, en camións para o gando e nunhas condicións lamentables, durou varias semanas. Alí son instalados en Rubtsovsk, una pequena poboación en plena estepa, nun primeiro momento nunha vella escola, e despois en varias cabanas do poboado. As condicións de vida son durísimas (a climatoloxía, o traballo, a pobreza ...) Pouco a pouco van saíndo adiante no medio das moitas dificultades que se presentan a cada paso.


"Había un lugar donde me olvidaba del frío e incluso de Siberia:la biblioteca. Allí, en aquel pueblo enlodado, constituía una gran institución. No físicamente, desde luego, pero sí en los demás sentidos. Era una pequeña cabaña de troncos, impecablemente cuidada y atendida con cariño; estaba bien iluminada con lámparas de aceite y, además, ¡bien caldeada! Pero lo mejor era que contenía una colección discreta pero asombrosa de la mejor literatura mundial :algo de veras prodigioso si se tiene en cuenta la época, el lugar y el tamaño de aquella biblioteca. Las paredes estaban recubietas de libros de arriba abajo:libros,libros,libros.Fue allí donde me iría familiarizando con las obras de Dumas, con las de Shakespeare traducidas por Pasternak, con las novelas de Mark Twain y Jack London y, por supuesto, con los rusos. Fue en aquella cabaña por donde me escapé de Siberia, bien leyendo allí, o bien llevándome libros a casa. Gracias a esa biblioteca y a dos profesores extraordinarios, desarrollé una pasión permanente por los grandes novelistas y poetas rusos. Fue allí donde aprendí a hacer cola con paciencia hasta que llegaba el turno de sentarme ante una mesa y ponerme a leer; o donde aprendí a esperar -a veces durante meses- a que un libro estuviese disponible. Fue allí donde aprendí que leer no es sólo un gran placer, sino también un privilegio." (Páx.190)
  • Título : La estepa infinita.
  • Autora : Esther Hauzig.
  • Editorial Salamandra, 253 páxinas.

13/8/09

Más horas para disfrutar a Sorolla

Se temos a sorte de estar en Madrid nestes días, unha das posibilidades que nos brinda o mundo da cultura é a de visitar esta exposición sobre Sorolla.

9/8/09

El maestro de almas


Esta obra foi publicada por entregas na revista Gringoire e nela Irène Némirovsky (Kiev,1903-Auschwitz,1942) cóntanos a historia de Dario Asfar, un médico desesperado por saír da pobreza na que vive e por ser aceptado na sociedade. As débedas e os seus intentos de medrar socialmente van convertindo a este personaxe nun cínico sen escrúpulos que se autoproclama "mestre de almas".

No libro hai toda unha galería de personaxes interesantes, como Sylvie Wardes, Clara ou Daniel, que representan a dignidade, enfrontados a Dario ou Elinor, aos que non lles importa facer o que sexa con tal de acadar os seus fins.
  • Título : El maestro de almas.
  • Autora : Irène Némirovsky.
  • Editorial Salamandra, 221 páxinas.

LinkWithin