Esta obra foi publicada por entregas na revista Gringoire e nela Irène Némirovsky (Kiev,1903-Auschwitz,1942) cóntanos a historia de Dario Asfar, un médico desesperado por saír da pobreza na que vive e por ser aceptado na sociedade. As débedas e os seus intentos de medrar socialmente van convertindo a este personaxe nun cínico sen escrúpulos que se autoproclama "mestre de almas".
No libro hai toda unha galería de personaxes interesantes, como Sylvie Wardes, Clara ou Daniel, que representan a dignidade, enfrontados a Dario ou Elinor, aos que non lles importa facer o que sexa con tal de acadar os seus fins.
- Título : El maestro de almas.
- Autora : Irène Némirovsky.
- Editorial Salamandra, 221 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario