30/8/09

Stevens

Este é o nome do protagonista de Los restos del día de Kazuo Ishiguro, novela que foi levada ao cine no ano 1993 por James Ivory. Eu vira a película pero non lera a obra e debo dicir que me pareceu unha excelente novela . Nela cóntase a vida de Stevens, un mordomo que vive por e para o seu traballo, tentando acadar a excelencia. En varios momentos da obra reflexiónase sobre as virtudes que debería ter un mordomo perfecto : "un requisito fundamental es que el candidato posea la dignidad propia de su condición" (páx. 41).

Darlington Hall é a mansión inglesa na que transcorre a súa vida.Alí, traballando para lord Darlington, nos anos de entreguerras, e para mister Farraday, norteamericano, na década dos cincuenta, decide emprender unha curta viaxe para visitar a Miss Kenton, a antiga ama de chaves da mansión coa esperanza de que regrese.

Na obra imos percibindo moitos cambios na sociedade inglesa. Os momentos históricos non son os mesmos e a rixidez inicial deixa paso a outros tempos menos estrictos. Miss Kenton, neste sentido, tenta que Stevens abra os ollos e saia do seu aillamento. As lembranzas dos momentos que compartiron é fundamental na novela e afloran continuamente na viaxe emprendida.


No hay comentarios:

LinkWithin