29/11/08

El chino

"Skare, frío intenso. Mediados de invierno.
Uno de los primeros días de enero de 2006, un lobo solitario cruza la frontera sin señalizar y llega a Suecia desde Noruega a través de Vaudalen".
Así comeza a nova obra de Henning Mankell ( Estocolmo,1948), que é moi diferente ás anteriores, protagonizadas polo inspector Kurt Wallander. Agora atopámonos en Hesjövallen, un pequeno pobo de Suecia, no que aparecen salvaxemente asasinadas 19 persoas. Pero a investigación policial levada a cabo por Vivi Sundberg queda relegada a un segundo plano. A xuiza Birgitta Roslin entra en escea porque entre as víctimas aparece a familia adoptiva da súa nai. A partir de aí comeza a historia que nos levará a varios países ( EE.UU, China, Zimbabue...), fundamentais na reconstrucción dos feitos.

Son moitas as páxinas dedicadas a China e a súa sociedade, na que se enfrontan o pasado e o presente, pouco antes da celebración das olimpiadas. Tamén aparece reflexada a sociedade sueca (critícase o sistema xudicial, por exemplo, representado por Birgitta Roslin). Hai moitas reflexións ó longo da obra e isto ralentiza o ritmo narrativo ( o discurso de Yan Ba, que comeza na páxina 334, a min resultoume lento ).

A novela ten unha estructura circular. No epílogo podemos ler : "Aquel día, Birgitta Roslin fue a comprar a la tienda de siempre de vuelta a casa. En la cola de la caja tomó del expositor uno de los diarios de la tarde y se puso a hojearlo mientras esperaba su turno. En una de las páginas del diario leyó distraída que habían matado a un lobo solitario en un pueblo al norte de Gävle".
  • El chino.
  • Autor : Henning Mankell.
  • Editorial Tusquets, 471 páginas.

23/11/08

Novidades na Biblioteca

Estas son algunhas das últimas adquisicións que podedes atopar na biblioteca do noso centro. A meirande parte delas conta con cadansúa reseña ( podedes consultar o blog). Seguiremos recibindo máis nos vinderiros días.

19/11/08

Club de lectura "Calamus"

Estas son as tres primeiras propostas de Calamus :

- El fantasma de Canterville y otros cuentos de Oscar Wilde. Neste relato, escrito no ano 1887, cóntasenos a historia da familia Otis, de orixe norteamericana, que decide instalarse en Inglaterra e mercar o pazo de Canterville onde, segundo din, habita unha pantasma "dende hai trescentos anos". Lord Canterville conta que "Lady Canterville pasaba noitas enteiras sen durmir, con aqueles bruídos tan raros que se sentían ó final do corredor da biblioteca".
É un libro divertido co que podemos pasar un bo rato vendo as reaccións de cada membro da familia ( Virginia, Washington...) ante as aparicións do espectro.

- Campos de fresas de Jordi Sierra i Fabra. É unha obra moi diferente á enterior. Ambientada na época actual, cóntanos a historia de Luci, que entra en coma despois de tomar unhas pastillas, e a súa loita por saír adiante. Eloy, o seu mozo, trata de atopar á persoa que lle proporcionuo a pastilla, Loreto, a súa mellor amiga, tamén ten os seus propios problemas (loita contra a bulimia...) , o inspector Espinós trata de esclarecer os feitos, o doutor Pons tenta salvarlle a vida... Ten un ritmo narrativo rápido e mantén a intriga ata o final.
- Cartas de amor de Fran Alonso. Este libro, publicado no ano 2006, e, tal como indica o propio título, está formado por unha serie de cartas de amor, pero moi especiais. Detrás de cada carta hai unha muller valente que conta unha historia sobre a guerra, a violencia, a inmigración... É unha historia que nos vai facer pensar en moitos temas da sociedade actual.
Agora tócavos enviar comentarios sobre os libros seleccionados e votar por aquel que máis vos guste. O que saia elixido será o que leamos todos no club de lectura. Así que ÁNIMO! AGARDAMOS AS VOSAS OPINIÓNS!

Palabras que non debemos esquecer


Uns días antes de que se celebre o Día Internacional contra a violencia de xénero non ven mal lembrar o significado dalgunhas palabras que todos/as deberiamos ter moi presentes :
- RESPETO : Actitude de acatamento ou consideración cara a unha persoa ou cousa. / Atención, miramento.

- AUTOESTIMA : Aprecio ou consideración que ten unha persoa por si mesma.

- DIGNIDADE : Conciencia do propio valor, respetabilidade.
A lista podería engrosarse con moitas outras palabras : IGUALDADE, LIBERDADE...

Presentación do novo club de lectura



Calamus , o nome do noso club, é unha palabra de orixe latina que significa : "cana; cana para escribir". Aínda que tamén ten outras acepcións estas son as máis axeitadas para o noso club de lectura.

O curso pasado, o club de lectura Cálamo orientouse á Literatura contemporánea e ó alumnado de 2º de Bacharelato. Durante o presente curso Calamus irá dirixido ós alumnos/as de 3º de ESO e seleccionará unha serie de obras de Literatura xuvenil.

Anunciaremos no noso blog as datas das reunións dos membros do club, faremos unha selección previa das obras que imos ler (ofertaremos tres e, tendo en conta as vosas preferencias, elixirase unha delas que será comentada posteriormente nas reunións). Antes de cada encontro, aparecerá información sobre a obra (argumento, temas...) para que teñades máis datos e poidades comentar todo o que vos resulte interesante. Os vosos comentarios van ser fundamentais para a selección dos libros de lectura.

13/11/08

El contador de historias



" Un hakawati es un contador de historias, mitos y fábulas (hekayât). Un cuentista, un actor. Una especie de trovador, alguien que se gana la vida hechizando al público con relatos. Como la palabra hekayeh ("historia", "fábula", "noticia"), hakawati se deriva de la palabra libanesa haki , que significa "charla" o "conversación", lo que sugiere que ya en libanés el mero acto de charlar ya supone narrar una historia.

Un gran hakawati se enriquece mientras que uno malo se muere de hambre o pierde la cabeza. En los viejos tiempos los pueblos tenían sus propios hakawatis, pero los grandes abandonaban sus casas en busca de fortuna. En las ciudades, los dominios del hakawati eran las fondas. Un hakawati puede contar una historia de una sentada o prolongar el mismo cuento durante meses, dejando en ascuas todos los meses a la audiencia" (pág. 53-54).
  • El contador de historias de Rabih Alameddine.
  • Editorial Lumen, 660 páginas.

10/11/08

El Gatopardo

Cúmprense agora 50 anos da publicación de El Gatopardo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa,unha obra de lectura obrigada pola súa calidade literaria, polo retrato que fai do príncipe siciliano Fabrizio Salina e o seu poder nunha época convulsa e pola conciencia de que eses tempos chegan á súa fin e que nada volverá ser coma antes.
O fillo adoptivo do autor, nunha entrevista publicada no Suplemento Culturas (1/11/2008) di que a obra "lleva impresa la idea de reconciliación.Que la vida tiene un tiempo limitado y medido" e tamén comenta o acertado da adaptación cinematográfica levada a cabo por Visconti. Por este motivo eliximos a escea do baile e o fragmento da obra onde aparece.
"La pareja Angelica-don Fabrizio daba gusto de ver. Los enormes pies del príncipe se movían con delicadeza sorprendente y nunca los zapatitos de raso de su dama corrieron el peligro de ser rozados. La manaza de él le ceñía la cintura con vigorosa firmeza, su barbilla se apoyaba sobre la onda letea de los cabellos de la joven".


7/11/08

O novo dicionario da RAE

Unha lingua é algo vivo, cambiante, que se vai construindo cada día e que non vive de costas á sociedade, por estes motivos, o léxico reflexa as transformacións que se van producindo nela , por exemplo, as relacionadas coas novas tecnoloxías. En palabras de Blecua : " Se trata de que el diccionario refleje realmente la lengua actual".

O novo dicionario da RAE, que aparecerá no ano 2013, non é alleo a estes cambios e así incorporará palabras e expresións como as seguintes :

USB
PEN DRIVE

MONOPARENTAL
ANTICELULÍTICO

CHISTE VERDE
(PONER) COMO UNA MOTO

Blecua precisa, na versión dixital de La voz de Galicia (7/11/2008) que o termo PEN DRIVE aparecerá en cursiva por ser "un anglicismo puro".

5/11/08

Historias de medo

Aproveitamos que vimos de celebrar o Samain para facer unha serie de recomendacións de obras relacionadas co tema do medo e o misterio que están na nosa biblioteca. É unha pequena selección con obras clásicas e contemporáneas, pensando en títulos accesibles que vos poidan gustar.Só agardan a que as collades dos andeis correspondentes e as leades. Seguro que vos sorprenderán!


2/11/08

Palabras con memoria

Afirmaba Amado Alonso que "una lengua ha sido lo que sus hablantes hicieron de ella, es lo que están haciendo, será lo que hagan con ella". Enlazando con estas ideas, lembramos novamente a importancia de iniciativas como as que está dirixindo Isidro Novo en defensa da nosa lingua, tentando que todos aportemos o noso gran de area na defensa das Palabras en perigo de extinción das que temos falado varias veces no noso blog.

As últimas incorporacións son as seguintes :

- FULIQUEIRO : Persoa disfrazada de calquera maneira, coa cara cuberta cun trapo ou careta e roupa vella. Tamén se aplica á persoa que anda mal vestida.
- GABUXAS : Cóxegas.

- GANDELO / GANDELEIRO : Pan / Panadeiro.
- GANDILLADA : (¿Variante de gandallada?) Substantivo colectivo para referirse a un conxunto de nenos e nenas con certo menosprezo.

- GANIPAS : Ponlas, ramas.

- GANSEIRA : (Ademais doutros significados) Sinónimo de caínzo.

- GATA (FACER A ) : Faltar a clase, latar.

- GRADICELA : (Ademais doutros significados) Estrela de mar.

- GRALLUDO/A : Hostil, difícil, duro.

LinkWithin