Calamus , o nome do noso club, é unha palabra de orixe latina que significa : "cana; cana para escribir". Aínda que tamén ten outras acepcións estas son as máis axeitadas para o noso club de lectura.
O curso pasado, o club de lectura Cálamo orientouse á Literatura contemporánea e ó alumnado de 2º de Bacharelato. Durante o presente curso Calamus irá dirixido ós alumnos/as de 3º de ESO e seleccionará unha serie de obras de Literatura xuvenil.
Anunciaremos no noso blog as datas das reunións dos membros do club, faremos unha selección previa das obras que imos ler (ofertaremos tres e, tendo en conta as vosas preferencias, elixirase unha delas que será comentada posteriormente nas reunións). Antes de cada encontro, aparecerá información sobre a obra (argumento, temas...) para que teñades máis datos e poidades comentar todo o que vos resulte interesante. Os vosos comentarios van ser fundamentais para a selección dos libros de lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario