A partir de mañán, 25 de abril, levaranse a cabo ó longo de toda a nosa xeografía unha serie de actos para conmemorar o centenario de Manuel Curros Enríquez. Co nome de Curros Enríquez. Nación, libertade e progreso inaugurarase unha exposición na Coruña, comezando así co programa de actividades ( concertos, representacións teatrais, conferencias...). En palabras da conselleira de cultura, A. Bugallo : "Trátase de facer chegar a obra do poeta e a súa defensa polo pobo e a lingua galega a todos os públicos" ( El País, 19/04/08).Facendo un breve repaso pola súa biografía, diremos que o poeta naceu en Celanova (Ourense) en 1851 e que abandonou a casa paterna, por diferencias familiares, cando tiña 15 anos. Foi a Ourense e de alí a Madrid, onde estivo baixo a protección de Modesto Fernández e González, un periodista ourensán. Nestes tempos revoltos da vida política completa a súa formación intelectual e comeza a escribir ("Cántiga" apareceu no ano 1869). Despois dun pequeno exilio en Londres, colabora coa prensa e funda con Vesteiro Torres a sociedade Galicia Literaria, presidida por Francisco Añón. Despois dun grave accidente sucedido no País Vasco na súa etapa como corresponsal de El Imparcial, r
egresa a Madrid e continúa coa súa actividade literaria e periodística.
En 1888 foi publicado O Divino sainete, considerado polo autor como a mellor das súas obras.
. Fontes consultadas:
. Literatura galega do Colectivo Seitura, Ed.Xerais.
















