24/4/08

Centenario de Curros Enríquez

A partir de mañán, 25 de abril, levaranse a cabo ó longo de toda a nosa xeografía unha serie de actos para conmemorar o centenario de Manuel Curros Enríquez. Co nome de Curros Enríquez. Nación, libertade e progreso inaugurarase unha exposición na Coruña, comezando así co programa de actividades ( concertos, representacións teatrais, conferencias...). En palabras da conselleira de cultura, A. Bugallo : "Trátase de facer chegar a obra do poeta e a súa defensa polo pobo e a lingua galega a todos os públicos" ( El País, 19/04/08).

Facendo un breve repaso pola súa biografía, diremos que o poeta naceu en Celanova (Ourense) en 1851 e que abandonou a casa paterna, por diferencias familiares, cando tiña 15 anos. Foi a Ourense e de alí a Madrid, onde estivo baixo a protección de Modesto Fernández e González, un periodista ourensán. Nestes tempos revoltos da vida política completa a súa formación intelectual e comeza a escribir ("Cántiga" apareceu no ano 1869). Despois dun pequeno exilio en Londres, colabora coa prensa e funda con Vesteiro Torres a sociedade Galicia Literaria, presidida por Francisco Añón. Despois dun grave accidente sucedido no País Vasco na súa etapa como corresponsal de El Imparcial, regresa a Madrid e continúa coa súa actividade literaria e periodística.

No ano 1877 gaña un certame poético, presidido por Saco e Arce, coas súas composicións "Unha boda en Einibó", "A Virxe do Cristal" e "O gueiteiro". En 1880 publica Aires da miña terra. Precisamente e, a raíz da publicación desta obra ( o bispo de Ourense considerou que algunha composición ía contra os dogmas do catolicismo), sufriu todo un proceso do que saiu absolto pero foi cesado do seu posto de funcionario en Ourense e voltou a Madrid.

En 1888 foi publicado O Divino sainete, considerado polo autor como a mellor das súas obras.

Despois dunha serie de circunstancias familiares e profesionais desfavorables , emigra a Cuba onde colabora coa prensa. En 1904, na Coruña, recibe unha homenaxe nun acto presidido por Murguía. De regreso na Habana tentou constituir a Academia Galega.

Morreu no ano 1908 e os seus restos foron trasladados a Galicia.

Foi unha figura fundamental no Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal .

. Fontes consultadas:

. Literatura galega do Colectivo Seitura, Ed.Xerais.

. http://www.fillos.org/galicia/

. http://mundozhoya.blogspot.com/

22/4/08

23 de abril: Día do Libro

" Y así, a fuerza de leer, mi punto de vista se transformó con las palabras del libro y las palabras del libro se convirtieron en mi punto de vista. Mis ojos, deslumbrados por la luz, ya no podían separar el universo que existía en el libro del libro que existía en el universo. Era como si el único universo posible, todo lo que existía , todos los colores y objetos posibles existieran en el libro y entre sus palabras y yo, leyendo, hiciera realidad en mi mente, alegre y admirado, todo lo que era posible. Iba comprendiendo según leía que lo que el libro parecía susurrarme al principio y que luego me mostraba con una especie de doloroso palpitar y después con una violencia desatada llevaba años escondido allí, en lo más profundo de mi espíritu. El libro había encontrado un tesoro perdido que llevaba siglos yaciendo en el fondo de las aguas, lo había sacado a la superficie y a mí me habría gustado proclamar que todo lo que iba hallando entre las líneas y las palabras ahora me pertenecía."
  • Tïtulo: La vida nueva
  • Autor: Orhan Pamuk
  • Ed. Alfaguara, 379 páxinas

19/4/08

Mes de Abril : Shakespeare.


Ó longo deste mes, especialmente a vindeira semana e coincidindo co Día do Libro, lembraremos a figura de William Shakespeare. Podedes atopar información sobre o autor e a súa obra nos moitos traballos que levastes a cabo moitos de vos e que estarán expostos no centro ata finais do mes de abril. Entre eles podemos coñecer a súa vida (en imaxes e en textos), frases célebres (en inglés, galego e castelán), resumos das súas principais obras, retratos de personaxes , unha pequena representación teatral, lecturas dramatizadas, carteis de películas baseadas nas súas obras, unha maqueta do Teatro Globe,... e ata podedes facervos fotografías vestidos de época.

Tamén faremos un pequeno Ciclo de Cine a vindeira semana. As películas seleccionadas son as seguintes:

- O luns 21 proxectarase "Shakespeare in love" (1993). Dirixida por John Madden e protagonizada por Geoffrey Rush, Gwyneth Paltrow e Joseph Fiennes.

- O martes 22 poderemos ver "Romeo y Julieta" (1968). Dirixida por Franco Zeffirelli e interpretada por Olivia Hussey, Leonard Whiting e Milo O´Shea.

- O mércores 23 asistiremos á proxección de "El mercader de Venecia" (2004). Dirixida por Michael Radford e protagonizada por Al Pacino, Jeremy Irons, Joseph Fiennes e Lynn Collins.

- O xoves 24 proxectarase "Mucho ruido y pocas nueces" (1993). Dirixida por Kenneth Branagh e protagonizada por el mesmo e Emma Thompson, Michael Keaton e Robert Sean Leonard.

16/4/08

H.G. Wells

Herbert George Wells é un escritor inglés moi coñecido entre os amantes do xénero da ciencia fición. Escribiu durante o século XIX e é considerado o pai deste xénero porque, xunto con Jules Verne, foi un dos primeiros en escribir novelas de ciencia fición. Unha destas novelas, A guerra dos mundos, lerémola neste mes no Club de Lectura "Fahrenheit 451".

H.G. Wells naceu en Inglaterra no ano 1866 e morreu en Londres no 1946. Polo tanto, escribiu sobre todo no cambio de século, unha época especialmente propicia para que se dese o nacemento dun novo xénero. Wells foi primeiramente profesor universitario en Cambridge pero cando colleu a tuberculose dedicouse a escribir novelas, chegando a máis de cen en toda a súa vida.

Tivo sempre moitísima preocupación polos problemas sociais da súa época e así o deixou reflectido na súa obra. Interesábase pola situación das clases máis desfavorecidas, e pensaba que a través da ciencia e da tecnoloxía se poderían mellorar as condicións de vida da xente e facer un mundo mellor.

Algunhas das súas novelas máis coñecidas son A máquina do tempo, O home invisible, A guerra dos mundos e A Illa do Dr. Moreau entre outras moitas. Tamén escribiu moitos contos.

14/4/08

Mochilas viaxeiras

A biblioteca quere celebrar o Día do Libro tratando de achegar a toda a comunidade educativa os materiais da mesma. Así, unha das actividades que se levarán a cabo durante este mes, consistirá nas chamadas Mochilas viaxeiras.

Cada semana un alumno/a dun grupo do noso centro terá a oportunidade de levar a mochila a súa casa para que non só el senon tamén toda a súa familia poida dispor do material da biblioteca (cómics, libros de varias temáticas, DVD´s, guías de viaxes...)



Trataremos de facer unha selección axeitada para todos os membros da familia e fomentar deste xeito a lectura como actividade fundamental para aprender, disfrutar,soñar...

En principio, cada alumno/a poderá ter a mochila na súa casa durante unha semana e, despois de comprobar que todo o material está en perfecto estado, outro compañeiro poderá levala por outros sete días.

Esta actividade, coñecida tamén con outros nomes ( as maletas viaxeiras, por exemplo) , é unha boa maneira de entrar en contacto co mundo da literatura, o cal resulta sempre unha aventura sorprendente.

13/4/08

Brumas de octubre


Este libro muestra la vida cotidiana en un instituto, con sus buenos y malos momentos. La historia está protagonizada por un grupo de alumnos de 1º F a los que les pasa de todo: un día creen ver un cadáver en el centro, otro se escapan a la playa, un alumno desaparece de su casa por temor a las represalias de su familia como consecuencia de sus malas notas, en otra ocasión llevan una pancarta al laboratorio para protestar por la disección de unos mejillones...

La historia abarca todo un curso académico, de octubre a junio, y en ella puede verse reflejada toda la comunidad educativa : el equipo directivo del centro, los padres, los alumnos... Es fundamental el personaje de "El Rojo", alumno repetidor, listo y líder indiscutible del grupo, del que también forman parte Verónica, Miguel, Leticia... Entre los profesores destaca la jefa de estudios ("La Senra") , el profesor de matemáticas ("El Carnicero"), ...


. Brumas de octubre
. Autora: Lola Gándara
. Ed. SM, 155 páginas.

12/4/08

La voz dormida

Este é un deses libros que , dalgún xeito, quedan gravados na nosa memoria. Cóntanos a historia de varias mulleres que no cárcere de Ventas, en Madrid, durante a Guerra civil e a posguerra loitan por defender as súas ideas e a súa dignidade no medio da violencia, das humillacións e o sufrimento. Por ela coñecemos historias persoais durísimas, como a de Tensi, que, despois de dar a luz a unha nena, é fusilada xunto a outras dezaseis persoas; ou a de Tomasa, que perdeu a súa familia sen poder facer nada por ela; ou a de tantas outras víctimas inocentes ( Pepita e Xaime, Felipe, Elvira, Mercedes, Xosé Luis...)

Transcribimos a continuación un fragmento do libro : "Tomasa no pudo despedirse de Hortensia. Acurrucada en su dolor a oscuras, en su celda y en silencio, se niega a dejarse vencer. Nuestra única obligación es sobrevivir, había dicho Hortensia en la última asamblea a la que ella asistió. Sobrevivir. Tomasa no permitirá que el dolor la aplaste contra el suelo. Sobrevivir. Y ronda y ronda. No se lo vamos a poner tan fácil. No. (...) Resistir es vencer" (páx. 236).

. La voz dormida.
. Autora: Dulce Chacón.
. Editorial Punto de Lectura,416 páx.


Outras obras que podes consultar na biblioteca e que tratan esta temática son as seguintes:
- "Os mortos daquel verán" de Carlos Casares.
- " Las bicicletas son para el verano" de Fernando Fernán Gómez (tamén en versión cinematográfica).
- "O lapis do carpinteiro" de Manuel Rivas ( levada ó cine).
- "Tristes armas" de Marina Mayoral.
- "Bajo la fría luz de octubre" de Eloy M. Cebrián.
- "Cielo abajo" de Fernando Marías.
- "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz.
- "Ay,Carmela" de José Sanchís Sinisterra ( levada ó cine por Carlos Saura).
- "Libertarias" ( Dirixida por Vicente Aranda en 1996).
- "La lengua de las mariposas" (Dirixida por José Luis Cuerda en 1999)...

10/4/08

Cormac McCarthy

Cormac McCarthy: Biografía

Cormac McCarthy naceu en Rhode Island (EEUU) en 1933. No 1967, os McCarthy trasladáronse a Washington, D.C., onde Charles (o seu verdadeiro nome) foi avogado ata o seu retiro. Asistiu á Universidade de Tennessee en 1951-52. Volveu do 1957 ó 59, e publicou dous contos na revista estudiantil co nome de C. J. McCarthy, xr.
A súa primeira novela foi O guardián do verxel. Obtivo varias bolsas de estudos para viaxar e xunto coa súa segunda muller, Ann, visitou varios países. Despois asentáronse en Ibiza, especie de comuna de artistas naquela época. Aquí completou A escuridade exterior. Volveron a EE.UU en 1967 e instaláronse en Rockford, Tennessee.
Fillo de Deus (1973), inspirouse en feitos reais. Obtivo críticas diversas e do 1974-75 traballou na obra de teatro O fillo do xardineiro, tamén baseada en feitos reais. Estrenouse en 1977.
En 1979, publicou a súa cuarta novela, Suttre, un libro que escribiu ós poucos durante uns vinte anos. Foi considerada a súa mellor obra xunto coa súa primeira novela ata a publicación de Meridiano de sangue (1981), western apocalíptico localizado en Texas e México durante os 1840s, que non espertou moita atención entón, pero que hoxe é considerada crucial na súa carreira. Hai unha única entrevista ó autor en The New York Times Magazine con motivo da publicación do libro.
En 1992, publicouse Todos os fermosos cabalos, primeiro volume da Triloxía da Fronteira, que a diferencia dos seus primeiros libros, obtivo un éxito total e proporcionoulle o amplo número de lectores do que carecía ata o momento.
En 1994 publicou o segundo volume da Triloxía ,Na fronteira, cuxa primeira edición tivo unha tirada de 200.000 exemplares. O libro retrata a historia sobre o intento de Billy Parham de devolver unha muller-lobo o seu fogar nas montañas do norte de México, e as tráxicas consecuencias da súa aventura.
O terceiro volume publicouse en 1998, Cidades da chaira que xunta ós personaxes dos dous primeiros libros. Non foi tan ben recibido coma os anteriores, aínda que é notable polo seu epílogo que nos devolve a Suttree nas súas imaxes e simultáneamente crea unha nova e fascinante luz sobre toda a triloxía, unificando os volumes previos.
Polo tempo que publicaba esta novela, McCarthy casou por terceira vez, e ten un fillo.Residen en Santa Fe, New México. A súa seguinte novela foi Non é país para vellos 1995.

Premio Pulitzer 2007 á mellor novela, A estrada, a súa última novela, transcorre nun terreo baldío, un páramo carbonizado que é o único que queda do que algunha vez foi Norteamérica. Xa non existe máis vida sobre a terra que a humana e os homes cómense os uns ós outros. Un pai e o seu fillo percorren este mundo apocalíptico sen saber cal é o seu destino. O protagonista lembra os vellos tempos, pero non sabe de certo se esa memoria non é máis que un mito.
Agás por pequenos detalles (que a súa novela favorita é Moby Dick de Melville, que non lle interesa o traballo de Henry James nin falar de escritura, etc.,), iso é pouco máis ou menos o que sabemos de Cormac McCarthy.

No country for Old Men(1995)
Llewellyn Moss, que estaba cazando antílopes preto do río Grande, atópase varios homes mortos, unha morea de heroína e máis de dous millóns de dólares en efectivo. Leva os cartos, pero despois de que asasinen a dous homes máis, o coche queimado dunha de las víctimas leva ó Sheriff Bell ata aquela carnicería, e logo dáse de conta de que Moss e a súa muller necesitan axuda desesperadamente.

Esta é unha historia desgarradora, unha meditación sobre os lazos que o amor, o sangue e o deber dan forma ás vidas e os destinos, e unha novela de gran poder.

8/4/08

Nubosidad variable

Por unha serie de circunstancias, sobre todo pola dificultade de atopar libros para todos, a próxima reunión de "Cálamo" celebrarase mañán , mércores 9 de abril, na biblioteca ás 4 da tarde.

Esperamos, como ata o de agora, seguir intercambiando opinións sobre a experiencia e poder elixir a vindeira lectura do noso club.

Son moitas as obras de literatura contemporánea que se poderían citar. Por exemplo, "El cartero de Neruda" de Antonio Skármeta (unha historia de amor e de amistade moi entrañable que foi levada ó cine), "La casa de Bernarda Alba" de Federico García Lorca (obra comentada na aula e un título fundamental do noso teatro), "Historia de una escalera" de Antonio Buero Vallejo ( reflexa a vida dunha comunidade de veciños nunha época difícil da nosa historia), "Plenilunio" de Antonio Múñoz Molina, (unha obra de intriga sobre o asasinato dunha nena, que tamén foi levada ó cine)...

5/4/08

Libros de Arte

É ,sobre todo, un libro de intriga baseado no mundo da arte. Dous investigadores, moi distintos entre sí, tratan de desvelar o misterio: a desaparición de grandes obras de arte de museos dotados de fortes medidas de seguridade.
Bizot,parisino, amante da boa mesa e ,en xeral, dos praceres mundanos, e Wickenden, de Scotland Yard, e no polo oposto do anterior, tentan xuntar as pezas deste puzzle e atopar as pinturas roubadas (un Caravaggio e unha obra de Kasimir Malevich ).
Na obra asistimos a unha subasta celebrada nunha prestixiosa galería e vemos este mundo dende o interior. Alí se xuntan os expertos, o mundo das finanzas...
Tamén recibimos leccións de arte. Son memorables as explicacións do profesor Barrow sobre "O matrimonio Arnolfini " de Van Eyck e "Os embaixadores" de Hans Holbein.
  • El ladrón de arte.
  • Autor: Noah Charney
  • Ed. Seix Barral, 382 páxinas.
Seguindo con esta temática da Arte no mundo da Literatura, queremos citar outras obras da nosa Biblioteca que tratan este tema:
- "La fraternidad de Eihwaz" de César Mallorquí.
- "Contos de medo no Museo" ( Un libro de relatos ambientados no Museo Provincial de Lugo e escritos por Marilar Aleixandre, Xosé Antonio Neira Cruz...)
- "Un detective en el museo" de Anna Nilsen.
- "El código da Vinci" de Dan Brown.
- "Los cuadros del tiempo" de Antonio Gómez Montejano.

1/4/08

Día do Libro Infantil e Xuvenil


Dende 1965 o International Board on Books for Young People (IBBY) instituiu o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, en lembranza de Hans Christian Andersen, autor de "A sereíña", "O soldadiño de chumbo"...

Cada ano, un país membro da organización elabora e edita o cartel conmemorativo. Este ano foi Tailandia e no ano 2010 será España quen leve a cabo esta tarefa.

A OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil), despois de estudar os hábitos de lectura en España, di que os rapaces que teñen entre 10-13 anos, len de media 8 libros de ficción ó ano, incluindo os que lle mandan no colexio. Así, o 84,5% dos menores considéranse lectores e un 4% non le nunca.

OQO Editora recibirá hoxe unha mención honorífica no Bologna Ragazzi Award, o Premio da Feira do Libro Infantil de Bolonia (Italia), un dos máis importantes galardóns do mundo no campo da Literatura Infantil e Xuvenil e que a convirten na primeira editorial galega que consegue esta mención especial. Tamén recibirá o recoñecemento dos White Ravens pola obra "Ovos duros", conto popular do Magreb adaptado por Marisa Núñez e ilustrado por Teresa Lima ( Premio Nacional da Ilustración en Portugal).


Probablemente o mellor xeito de celebrar esta data sexa a de achegarse á biblioteca e ler un dos moitísimos libros, de autores clásicos e contemporáneos, cos que podemos aprender sempre e recrear outros mundos. A lista sería interminable, así que citaremos , entre outros moitos, a Marilar Aleixandre, Antoine de Saint -Exupéry, Roald Dahl, Mariasun Landa, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Elvira Lindo, Jordi Sierra i Fabra, ...

LinkWithin