Antes de celebrar a terceira reunión de "Calamus", facémosvos as seguintes propostas :
- Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie. Este famosísimo tren que percorre a ruta entre Estambul e Calais, vai quedar bloqueado pola neve e, ademais, un asasinato moi misterioso vai ter lugar no seu interior. Hércules Poirot , detective belga que protagoniza moitas das obras da escritora, farase cargo da investigación , que semella moi complexa. Como di nun determinado momento : "Yo sospecho de todo el mundo hasta el último minuto".
- El jardín de los autómatas de Armando Boix. É un libro de misterio que está ambientado en Barcelona, a comezos do século XX. Alí vive Mateo, un rapaz que se dedica a roubar, ata que coñece ó señor Bellver, e comeza a traballar para el. Sen embargo, en pouco tempo comezan a suceder cousas raras:desaparecen obxectos valiosos, autómatas...Ábrese unha investigación e... (creo que non debo dicir nada máis).
- Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Que pasaría se un día atopásemos no xornal un anuncio coma este ?
VENDO casa embrujada, absténgase curiosos y bromistas. Teléfono 76 20 58. Algún podería pensar que se trata dunha broma, pero, tendo en conta a gravidade dos acontecementos que se narran neste libro, probablemente a advertencia sexa seria, segundo se desprende das informacións que imos coñecendo nas cartas dos protagonistas da historia.
Agora só tedes que votar e elixir unha obra das tres propostas!
6 comentarios:
Asesinato en el Orient Express
Cartas de inverno
gustame o libro de cartas de inverno,pero creo que xa o limos todos,polo tanto escollo o de Asesinato en el Orient Express
Pois creo que o de Asasinato en el Orient Expres ten boa pinta. Haber que pasa.
Asesinato en el Orient Express
Na terceira reunión de "Calamus" comentaremos "Asesinato en el Orient Express" de Agatha Christie.
Publicar un comentario