31/7/09

Pasos de letras

"[...] As obras literarias logran esa maxia incerta de regalarche o que xa era teu. Daquela prodúcese unha emoción estraña, inexplicable. O vivido aparece de súpeto ante os teus ollos, intimamente debuxado con palabras dun personaxe, con traxedias de heroes de novela e acoitelamento de versos. O mundo convértese nun balbordo de nomes. Nomes de tonalidades, sabores, sons, olores e texturas que bailaban no aire desconcertadas ata que os escritores e as escritoras lles puxeron nome. A través das letras redescobres a labazada dun cheiro na rúa, un raio de sol peneirado por un rosetón, a vista do mar embravecido. O mar que ata ese momento ignorabas o cheiro da artesa da salgadura, que ata ese momento non sabía a bacallau seco, que ata ese momento non golpeaba no peito como un remorso." ( Páx.30/31)
  • Título : Ao pé do abismo.
  • Autora : Rosa Aneiros.
  • Editorial Xerais, 318 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin