12/7/08

Palabras en perigo de extinción

Leo na prensa de hoxe unha iniciativa interesante relacionada co mundo das letras: a recuperación de palabras . Baixo o título de Palabras con memoria, o escritor Isidro Novo en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, trata de que as palabras que se usaban inicialmente en galego non se perdan . Di que "hai palabras que o galego ten de seu de sempre que son substituídas por neoloxismos coa consecuente perda da palabra inicial". Sempre é triste que se perdan palabras e nos, como falantes, debemos intentar que isto non suceda.

Un xeito de colaborar en esta actividade, á que se suma dende esta semana o Suplemento Culturas, é enviar palabras, que non aparezan recollidas no dicionario, ós seguintes enderezos electrónicos : palabra.con.memoria@aelg.org / http://www.aelg.org/ ou culturas@lavoz.es Hai que indicar o seu significado, fonte, frase e lugar de uso.


As primeiras da lista son as seguintes:

- ABITELO

- ABRAZADEIRA

- ALBERNIA / ALVERNIA

- BARBANA

- BOLSA DE AUGA

- BRUSO

- CACHORREIRA

- ENGHEO

. Fonte consultada:
- Suplemento Culturas ( La Voz de Galicia, sábado, 12 de julio del 2008).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A mellor maneira de demostrar a nosa preocupación pola lingua é colaborar con esta idea.

A Biblioteca do Colmeiro dijo...

Pois adiante, seguro que todos sabemos dalgunha palabra para engadir á lista.

Anónimo dijo...

Esta idea paréceme boísima. De todos os xeitos, o mellor é intentar usalas no día a día, para que non se perdan.

A Biblioteca do Colmeiro dijo...

Estou de acordo contigo

LinkWithin