24/6/08

Novas sobre a Terra

Iniciamos hoxe unha nova sección no noso blog presidida polo tema fundamental do Medio Ambiente e o seu coidado. Tentaremos chamar a atención sobre todas aquelas novas que poidan ser de interese xeral e que sirvan para concienciarnos da importancia da Natureza nas
nosas vidas e na das xeracións futuras.
Nestas páxinas de Internet podemos atopar información sobre a pesca:


Das 25 cidades máis poboadas do planeta, con todos os problemas de contaminación ambiental, tráfico, enfermidades respiratorias, etc... derivadas da situación, saberiades dicir cales son as que ocupan os tres primeiros postos na lista? Aquí tendes tres posibilidades:
- 1.-Pekín, Bos Aires e Londres.
- 2.- Tokio, Seúl e C. de México.
- 3.- Osaka, Os Ánxeles e Bombay.

A Fundación Wild Wonders vai levar a cabo unha gran exposición fotográfica da fauna e da flora europeas que contará con máis de 15.000 imaxes. O noso país terá un gran protagonismo . Esta mostra durará 14 meses e poderá verse en Internet. As fotografías irán aparecendo na seguinte páxina : http://www.wild-wonders.com/





.Fonte consultada:
El País, Tierra .Mensual de Medio Ambiente. Junio de 2008. Número 15 ( Sábado, 21 de junio de 2008).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me encanta la variedad temática de este blog!!!!!
A la persona que de el se encarga le doi mis mas sinceras FELICIDADES

A Biblioteca do Colmeiro dijo...

Muchas gracias por su comentario.

LinkWithin