11/5/07

O risco de ser muller e pobre

Parece irreal pero non o é. En pleno século XXI, as mulleres pobres de Cidad Juárez son torturadas ata a morte. As autoridades miran para outro lado e mulleres como Marisela Ortiz loitan por defendelas.



Esta muller é a presidenta da asociación “Nuestras hijas de Regreso a Casa”, asociación que encerra a traxedia que sofren miles de familias mexicanas de estratos sociais desfavorecidos, ás que lles foi arrebatada do xeito máis violento e inhumano a súa nai, a súa esposa, a súa filla ou a súa irmá. Ser pobre e ser muller no Paso –na fronteira con Estados Unidos- pode ser sinónimo de absoluta indefensión e risco de morte.
Dende 1993, ano en que comezaron a documentarse, máis de 600 mulleres foron asasinadas en Ciudad Juárez e máis de 1000 desapareceron. Algúns indican mesmo cifras máis elevadas.
Marisela fala de que ten habido nenas de entre 4 e 12 anos secuestradas, brutalmente violadas e asasinadas tras arrincarlles a pel, moitas veces en ritos satánicos ou de iniciación ás mafias. En determinados sectores desta cidade hai moito medo, tanto que as nenas non saen soas á rúa e as mulleres pobres e traballadoras non poden volver tarde á casa.


Cada semana desaparece como mínimo unha muller, da que non se volve a saber nada se os seus raptores non queren. Pero se estes así o deciden, poden facer aparecer o seu corpo sen vida e con evidencias claras de ter sido brutalmente asasinada, torturada, violada repetidamente e con partes do seu corpo queimadas ou arrincadas. Todo parece indicar que estas mulleres son seleccionadas por non teren ningún poder na sociedade: soen vivir en circunstancias precarias.




O Femicidio é un asunto de interese mundial, máis cando é produto do crime organizado internacional e involucra a autoridades do goberno.


Sabiades que están a ocorrer cousas tan terribeis coma estas? Somos conscientes destas barbaridades e seguimos virando a face?


Parte desta información e moita máis toparala en:

http://www.mujeresdejuarez.org/

No hay comentarios:

LinkWithin