lunes, agosto 29, 2016

Ante todo no hagas daño

"Cuando estamos en el hospital, enfermos,temiendo por nuestra vida y a la espera de una cirugía aterradora,tenemos que confiar en los médicos que nos tratan. Si no lo hacemos así, la vida se vuelve muy complicada". (Páx.11).

  Podemos ler estas palabras no Prólogo de Ante todo no hagas daño de Henry Marsh, un destacado neurocirurxián británico que repasa toda unha vida adicada a esta especialidade médica.

   Había moito tempo que non lía un libro coma este, e é que a través das páxinas desta obra, ademais de achegarnos ao mundo do cerebro e as súas doenzas, podemos coñecer a parte humana dun prestixioso profesional  que é quen de entonar o mea culpa cando comete un erro, o cal non sempre resulta doado. Un exercicio valente e unha lectura para facernos pensar en moitos temas como a vida, a morte, a dor, a empatía, ... 
   
. Título: Ante todo no hagas daño.
. Autor: Henry Marsh.
. Editorial: Salamandra.
. Páxinas: 343.

sábado, junio 11, 2016

Río negro

"La calma inundaba a Elínborg cada vez que se concedía tiempo para dedicarlo a la cocina. Se permitía hacer las cosas con tranquilidad,alejarse del agobio y el estrés del día a día, apartar su mente del trabajo y tomarse un rato libre de la familia. Vaciaba su mente de todo lo que no fueran los ingredientes que iba a emplear y cómo hacer uso de su intuición y su conocimiento para crear algo perfectamente unitario a partir del caos. En la cocina hallaba una válvula de escape para las aspiraciones creativas presentes en el proceso de transformar unos ingredientes para proporcionarles una nueva naturaleza, para crear con ellos sabores, texturas y aromas. Veía las tres fases del arte culinario, preparación, cocinado y degustación, como una especie de receta de la vida misma". (Páx.280).

  Río negro é o título desta nova entrega da serie protagonizada polo detective Erlendur Sveinsson, aínda que nesta ocasión é a súa compañeira, Elínborg, quen se ocupa da investigación porque o seu colega precisa atopar algunhas claves do seu pasado.
 A acción transcorre entre Reikiavik e a aldea costeira da que era orixinaria a víctima, un home ao que imos descubrindo paulatinamente e que parece diferir da primeira imaxe que temos del.
. Título: Río negro.
. Autor: Arnaldur Indridason.
. Editorial: RBA.
. Páxinas : 345.

viernes, junio 03, 2016

O home das neves


  Fermosas verbas e ilustracións son as que se combinan neste álbum ilustrado editado por Edelvives  que dende aquí recomendamos. Unha viaxe interior na procura do home das neves (existe realmente ou é froito da imaxinación?). 
  Un impecable traballo de Taï-Marc Le Thanh e Rébecca Dautremer , como ven sendo habitual na súa traxectoria.

lunes, mayo 09, 2016

Sei o que vale un verso

" Sei que todos os versos do mundo
non valen o que vale un home,
o que vale
o berro dolorido dunha nai,
o bico apaixonado dos amantes
ou o tenro recendo dunha flor.
Sei que os versos non valen
pero sigo escribindo sen parar.
Sigo escribindo con carraxe,
entusiasmo e paixón
por se acado algo de poesía
-unha folliña só que move o vento-
entre a faramalla das miñas
pobres verbas desnortadas.


Un verso nunca vale
o que vale o chío dun paxaro,
nin ten a forza dun río
ou o poder arrepiante dunha bala.
Pero eu sigo fiel,encadeado
á música amorosa das palabras ".

 De Remol, Manuel María (Poemas escollidos).

sábado, abril 23, 2016

Día do Libro

 Chegou o Día 23 de abril, despois de ter realizado unha morea de actividades ao longo de toda a semana, con motivo do Día do Libro, sempre importante para nos. 
  Queremos agradecer a todos a participación e a axuda proporcionada na posta en funcionamento e no deseño das actividades, especialmente ao departamento de Inglés (ao igual que o de Educación Física, Comercio, Clásicas,...) e aos alumnos, a todos os grupos, en realidade, que o fixeron posible. 
   A continuación deixamos algunhas das fotografías das actividades realizadas:







domingo, abril 17, 2016

Shakespeare&Cervantes

  Mañá comezará no noso centro a Semana cultural, dedicada a Shakespeare e a Cervantes, dous dos grandes escritores da Literatura Universal. É o noso xeito de celebrar o Día do Libro (23 de abril), o día grande das Letras.


   Antes de que dea comezo, e para completar as actividades e a información sobre ámbolos dous autores, queremos recomendar dous completos enlaces ( da BBC e de RTVE) acerca das moitísimas iniciativas que se levarán a cabo con motivo desta data.


sábado, abril 16, 2016

viernes, abril 08, 2016

Mes dos libros

  Encántanos o mes de abril, especialmente o día 23, o Día do Libro así que, dende a Biblioteca, ao igual que dende o resto dos Departamentos do noso centro, tentamos organizar actividades nas que estean implicados o maior número posible de alumnos e profesores.
   Este ano, apoiando as moitas iniciativas plantexadas polo departamento de Inglés, e, sumando as do resto da comunidade educativa, decidimos aunar esforzos e lembrar a todos a importancia  de Shakespeare e Cervantes, no 400 aniversario da súa morte.
    Na páxina web do noso centro, na aula virtual, pódese acceder ás moitas actividades plantexadas, das que iremos dando conta tamén no blog.


miércoles, marzo 23, 2016

Nunca más

"Según el Magistral, iba pregonando su gloria. Don Fermín no presidía este entierro como el del miércoles, pero celebraba con él su nuevo triunfo. Caminaba cerca de Ana, casi a su lado en la fila derecha, entre otros señores canónigos, con roquete, mucete y capa;empuñaba el cirio apagado, como un cetro. "Él era el amo de todo aquello.Él, a pesar de las calumnias de sus enemigos, había convertido al gran ateo de Vetusta haciéndole morir en el seno de la Iglesia; él llevaba allí, a su lado,prisionera con cadenas invisibles, a la señora más admirada por su hermosura y grandeza de alma en toda Vetusta". (Pág.607)
La Regenta de Leopoldo Alas, Clarín (Ed. El País,Clásicos Españoles,2005).

miércoles, marzo 09, 2016

Poesía

  Gústanos a lírica, así que, coincidindo co Día de Rosalía de Castro, celebrado no mes de febreiro, e co Día da Poesía, que se conmemora este mes, decidimos facer unha pequena recopilación de traballos, coa axuda do alumnado de 3º de ESO. Unha das actividades propostas consistiu en elixir un poema  do libro que lemos neste trimestre (Nueve liras de hiedra y un secreto, Ed. Casals) e ilustralo con aquela imaxe que máis nos gustara. 
   A continuación deixamos algunhas fotografías desta exposición.






domingo, febrero 28, 2016

Optimizando espazos

   Un dos grandes problemas que aparecen nas bibliotecas co paso do tempo é a falta de espazo para albergar á diversidade de materiais co que estas van engrosándose ano tras ano. Para optimizar os metros cadrados dos que dispoñemos, decidimos encargar uns andeis a medida que mesmo aproveitan ocos dispoñibles baixo a mesa do bibliotecario e reubicar libros, CD´s...Tamén tivemos a sorte de engadir 8 novos equipos informáticos (tal e como informamos na páxina web do noso centro).
  A continuación deixamos algunhas fotografías dos cambios efectuados.






viernes, diciembre 18, 2015

Estatísticas


    Neste post deixamos unha gráfica cos préstamos da nosa biblioteca neste primeiro trimestre do curso 2015/2016. So aparece na mesma unha parte dos realizados nas bibliotecas de aula (á volta de vacacións completaremos os datos).

sábado, diciembre 05, 2015

A Idade Media (II)

Estas son algunhas das películas das que falamos na clase para coñecer a Idade Media. Agora que temos uns días por diante tal vez sexa o momento de disfrutar delas con calma. Non nos van defraudar, iso é seguro.

viernes, noviembre 27, 2015

Eu son Balbino

  Acábanos de deixar Xosé Neira Vilas, (Gres, Vila de Cruces, 1928) o autor de Memorias dun neno labrego, unha obra fundamental na nosa narrativa. Tivemos a sorte de contar coa súa presenza no noso centro hai tres anos e de disfrutar de todo o que compartiu con nos (anécdotas, lembranzas, o amor pola literatura...)



 Lembramos a continuación as primeiras palabras de Balbino ao comezo da obra:
"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen di, un ninguén. E ademais pobre".