Iniciamos unha nova sección no noso blog relacionada co mundo dos refráns. Cada mes iremos publicando en galego, castelán, francés e inglés. una pequena selección deles relacionada cun tema determinado. Comezamos coa meteoroloxía. Agardamos que vos gusten.
- Despois de Santa Lucía, baixa a noite e medra o día.
- A chuvia en abril, enche o carril.
- Abril, abrilón: auga e trebón.
- No mes de xaneiro e cos pes no braseiro.
- Polo Nadal, frío cordial.
- Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
- Marzo, marzal, á noite cara de lobo e á mañán cara de can.
- Cando no monte Pindo hai touca, ou moita chuvia ou pouca.
- Cando o pico Sacro pon o capelo, mociñas da Ulla collede o mantelo.
- Cando anda o gato no tellado, xeada no prado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario