A novela policíaca
Gústanos a novela policíaca e por ese motivo e, ao longo de toda a semana, organizamos unha actividade para dar a coñecer ao noso centro as creacións máis relevantes na literatura e no cine. O percorrido comeza cos primeiros autores da novela inglesa e americana e chega aos nosos días.
A actividade está a ter moi boa acollida e, na vindeira semana, continuaremos coa investigación a través dun xogo de pistas. Como ides ver a continuación este acontecemento tivo certa repercusión na prensa internacional. Dende logo resultan chamativas esas pegadas que van ata a biblioteca...

No hay comentarios:
Publicar un comentario