"Conmigo amabas ese espacio
que sobrevive ó tempo
a aurora e os acenos das aves
que sinalan outonos no misterio dos ciclos
celestes
nas rexións esvaídas polo inverno
no norte e as camelias
Amábamos as nubes fuxitivas
que delatan a chuvia e o mar que se confunde coa esperanza
cando chega o verán daquela infancia fascinada
Amábamos tamén
a primavera
As prímulas
As lilas
As pálidas anémonas de floración temprana
coma as fontes
E sobre todo amabas as violetas..."
Luz Pozo Garza, Prometo a flor de loto (1992).
No hay comentarios:
Publicar un comentario