"El mundo era un burbujeo de infinitas posibilidades en aquel inesperado y templado febrero romano. Yo oscilaba entre los nunca más de mi vida de adolescente y los todavía no de mi vida de adulto. Era una franja delgada, eufórica y provisional. Pero era hermoso saberse en aquella franja. Sólo lo que es provisional es perfecto". (Páx.19).
A obra comeza cunha chamada telefónica e Guido Guerrieri, avogado prestixioso afincado en Bari, que ven de instalarse no seu novo bufete, nunca imaxinou que se vería inmerso nun caso coma este: a desaparición dunha rapaza. Sen embargo, decide aceptar o encargo (revisar o traballo previo) por se houbera algún cabo solto do que tirar e aportar algo de luz neste misterio.Guido mostra aquí a súa faceta máis humana. Ve o sufrimento indescriptible da familia, rememora outros momentos da súa vida, achégase a outros persoaxes deixando que falen e expresen os seus sentimentos...É un home extremadamente educado que moi raramente perde as formas e as experiencias vividas ensináronlle a saber cando é mellor calar.
A lectura non resulta aburrida en ningún momento e os procesos xurídicos descríbense dun xeito ameno. Unha lectura moi recomendable.
- Título: Las perfecciones provisionales.
- Autor: Gianrico Carofiglio.
- Editorial La Esfera de los libros, 293 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario