Andrea Ricoy, a nosa xefa de estudos, fainos chegar a seguinte recomendación de lectura, da que, coma sempre, imos tomar boa nota:
Sen dúbida haberá moitos motivos para o retraso da industrialización e modernización de Portugal no século XIX (estruturas agrarias tradicionais, mercados interiores pequenos, difícil integración na economía internacional, escaseza de capital, estruturas políticas obsoletas, elevadas taxas de analfabetismo…), pero despois de ler a magnífica novela “Os Maia” do escritor portugués Eça de Queirós, non me queda a máis mínima dúbida de que un destes factores foi a natureza das clases dirixentes. Vaia tropa! Menuda pandilla de vagos rentistas adicados a todo menos a traballar : festas, comilonas, amores adúlteros, discusións bizantinas sobre o problema do atraso portugués, diletantismo…iso sí, todo do máis “chic” porque que non darían eles por ser, por exemplo, franceses.
*Nota: Como é unha reseña un pouco longa, imos dividila en dúas partes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario