Ata o día 30 de maio, na Fundación Torrente Ballester, imos poder disfrutar dunha interesante exposición que leva por título Santiago.Cidade Ilustrada. Nela podemos ver os traballos de artistas como Jaime Asensi, Pepe Carreiro, Miguelanxo Prado...
Tal e como aparece recollido na páxina web do Concello : "A exposición recolle unha ampla selección de debuxos orixinais que ilustran diferentes libros de literatura infantil e xuvenil destes últimos anos, no que se intenta amosar como Santiago segue a ser obxecto da interpretación dos artistas, pero interactuando con dúas formas narrativas de actualidade: a literatura infantil e xuvenil e a historieta."
No hay comentarios:
Publicar un comentario