Alicia Giménez Bartlett ( Albacete, 1951) é unha das nosas máis recoñecidas especialistas no xénero policíaco e acaba de recibir o Premio Raymond Chandler polo conxunto da súa obra.
O seu último traballo, "El silencio de los claustros", é un caso especialmente complexo e tanto a inspectora Petra Delicado coma o subinspector Garzón deben esforzarse a fondo para dar coa solución do caso.
O asasinato dun monxe que facía unha investigación e a desaparición da reliquia sobre a que traballaba abren moitas incógnitas. Por unha banda, unha das liñas abertas apunta a un acontecemento histórico, concretamente á Semana Tráxica, tamén podería ser que a principal familia benefactora do convento teña algo que ver... Non se descarta nada.
Mentres, ambos investigadores loitan cuns costumes moi alonxados da súa forma de ver a vida ( Garzón pon a proba o seu vocabulario cada vez que pisa o convento ) e Petra, máis dunha vez, desespera ante a falta de resultados concretos.
- El silencio de los claustros.
- Autora : Alicia Giménez Bartlett.
- Editorial Destino, 462 páxinas.
2 comentarios:
Como sempre tomo nota das vosas recomendacións, que en xeral son moi ben eceptadas dende Biblioarzúa. Grazas
Gracias a ti polo teu comentario,Oki. Aproveito a ocasión para felicitarte polo voso blog, facedes un traballo estupendo.
Un saúdo.
Publicar un comentario