A partir de agora xa se pode consultar o catálogo dos fondos da biblioteca no ordenador que está xunto á ventá. Era unha actividade que xa quixemos levar á práctica no curso pasado e que agora é xa unha realidade, gracias á axuda de Xosé Manuel Rodríguez ( Departamento de Tecnoloxía e membro do equipo da Biblioteca a quen dende aquí quero dar as gracias ).
INSTRUCCIÓNS :
.1.- Se non está aberto o Programa preme no icono de Abies 2.0.
.2.- Preme en aceptar sen introducir ningún contrasinal, entras como convidado, non tes permisos para trocar nada, pero podes facer consultas dos fondos.
.3.- Na esquerda tes un menú que pon Consulta simple ou Consulta avanzada. Preme e poderás buscar segundo os campos que queiras, autor, título...
.4.- Esta base de datos é só orientativa para ver se no fondo da biblioteca existe ese exemplar, pero para ver se está prestado, realizar o préstamo...terás que ir ó ordenador do bibliotecario (ao lado da porta).
.5.- Non poderás cambiar ningún valor.
.6.- Podes utilizar a impresora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario