martes, diciembre 02, 2008

Visita a Lucus Augusti

O alumnado de Cultura Clásica, acompañado polas profesoras Marisa Díaz e Belén González, tivo a oportunidade de facer unha visita a Lugo, hai uns días. Aquí temos o relato da súa experiencia.

O xoves vinte de novembro saímos do instituto ás nove menos dez para dirixirnos a Lugo.Chegamos alí a iso das dez e media, a nosa primeira visita foi a do Museo provincial onde nos explicaron un pouco a historia dos romanos e tamén dos castrexos, o pobo que habitaba Galicia antes da chegada dos romanos.

Ensináronnos miliarios (pedras que se colocaban nos camiños e indicaban os quilómetros que faltaban para chegar a ta outro lugar), un mosaico, unha enorme estela funeraria e xoias castrexas entre outras cousas. Despois fomos á casa dos mosaicos onde puidemos ver os restos dunha antiga casa romana (domus) e nos proxectaron unha película explicando todas as partes da casa e as súas funcións. Logo fomos ó centro de interpretación da muralla no cal puidemos ver dous vídeos nos que se falaba do proceso da creación da muralla, da súa finalidade, da súa actual conservación etc.


Ó saír tivemos un tempo para comer e dar unha volta ó noso aire e para rematar a excursión demos unha volta á muralla todos xuntos e ás catro xa estabamos voltando ó instituto.



No hay comentarios: