lunes, julio 07, 2008

Poemas sobre o mar (2)

En 1928, Manuel Antonio ( 1900-1930) publica De catro a catro, obra que ten como tema fundamental o mar. A este libro pertence o poema " S O S ", que é o que transcribimos a continuación :

Fomos ficando sós
o Mar e o barco e mais nós.

Roubáronno-lo Sol.
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sen marco.

Roubáronno-lo vento.
Aquel veleiro que se evadiu
pola corda floxa do horizonte.

Este océano desatracou das costas
e os ventos da Roseta
orientáronse ó esquenzo.
As nosas soidades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxio.
Pero tamén sabémo-la maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura.

No cadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
O cadáver do mar
fixo do barco un cadaleito.

Fume de pipa. Saudade.
Noite. Silencio. Frío.
E ficamos nós sós.
Sen o Mar e sen o barco
nós.

No hay comentarios: