
Que podemos facer ante este panorama? O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación ambiental de Galicia ( CEIDA) , http://www.ceida.org/ acaba de editar unha pequena guía sobre o cambio climático na que ademais de explicar en que consiste este proceso e tratar de concienciarnos da importancia das nosas aportacións, ofrece unha serie de ideas que podemos levar á práctica :
- Comprar produtos de orixe local pois reducen o gasto de transporte.
- Evitar o consumo oculto dos equipos eléctricos.- Usar o transporte público en vez do coche...

Por outra banda, tamén podemos manter limpas as nosas praias durante o verán separando para reciclar. Máis de 140 praias e zonas de baño da nosa Comunidade Autónoma dispoñen de recollida selectiva , así que , a pesar da gravidade do problema, PODEMOS E DEBEMOS COLABORAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario