martes, julio 08, 2008

Comer,beber,amar

Éste é o título que leva a película ( Ang Lee, 1994). Con estas tres palabras, Comer, beber, amar, que fan referencia a instintos primarios, tal e como se comenta nun momento determinado, constrúese unha desas historias que non pasan desapercibidas.

Nos primeiros momentos, tense a sensación de que estamos ante unha especie de mosaico. Vemos a un cociñeiro experimentado que elabora unha morea de pratos (peixe, carne, verdura...), parece que nada se lle resiste. Na súa cociña non falta de nada e el parece que disfruta co que fai. Por outra banda, aparecen unha serie de persoaxes femininos con diferentes traballos e cunha forma de ver a vida tamén distinta. De súpeto, aparecen sentados á mesa o señor Chu e as súas fillas e comeza a desenrolarse a historia.
O cociñeiro, o señor Chu, é viúvo dende hai moitos anos e vive coas súas tres fillas. A maior dedicase ó ensino e está amargada por unha experiencia amorosa negativa polo que non quere saber nada dos homes. A mediana é moi independente e traballa nunha compañía de aviación , aínda que lle encanta a cociña, e a pequena traballa nun restaurante de comida rápida e namórase do mozo da súa amiga.
A medida que vai pasando o tempo, percibimos moitos cambios na familia: o señor Chu non parece o mesmo, vai perdendo facultades esenciais para o seu traballo, as fillas cambian de estado civil, aparecen outros persoaxes que aportan matices distintos á historia da familia ( tenrura, personificada na filla dunha veciña e amiga, humor...)
Son moitos os pratos que se preparan, cunha esmerada presentación ( a fotografía é importante na cinta) e moitas as cores que adornan a película, e tamén hai grandes decisións que se anuncian na mesa, así que a gastronomía é fundamental e acaba unindo a unha familia que parece desintegrarse co paso do tempo.

No hay comentarios: