Recollemos hoxe unha serie de actividades culturais que nos parecen interesantes :
. Unha maneira de non perder o contacto coa lectura nesta época de lecer, é utilizar as bibliopiscinas nas que podemos consultar a prensa, ler tranquilamente... Son pequenas bibliotecas ambulantes coas que podemos contar no verán e un bo xeito de achegarnos ós libros. Algúns dos lugares nos que temos acceso a elas son Ames, Oroso, Ordes e Teo. En Ordes os máis pequenos poderán disfrutar da ludoteca e unha serie de actividades coma contacontos, xogos...
. Outro xeito de participar na vida cultural pode ser a nosa asistencia a Danza3, formado por tres espectáculos de danza e música tradicional que chegarán a 15 concellos. Comezará o sábado en Vilagarcía.
. Na Fervenza do Toxa, en Silleda, temos tamén outra actividade interesante. Do 1 ó 13 de agosto rapaces e rapazas de 8 a 11 anos poderán estar en contacto coa natureza, participando naquelas tareas propias dunha granxa e, ó mesmo tempo, formando parte dun programa de inmersión lingüística. O nome da actividade é Animalingua e pódese atopar máis información sobre a mesma en http://www.info@granxaescola.com/
. Tamén podemos asistir a unha exposición fotográfica, Revela 08, no Concello de Oleiros, sobre o desequilibrio medioambiental causado pola acción do home. Esta terceira edición , que conta con máis de 230 orixinais, poderase visitar ata o 27 de xullo.
. Fontes consultadas:
- La Voz de Galicia ( dos días 7, 8 e 9 de xullo do 2008).
No hay comentarios:
Publicar un comentario