27/3/08

Día Mundial do Teatro

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro. Esta festividade foi creada no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) coa finalidade de promover e dar a coñecer o teatro a nivel mundial.

Cada ano, unha celebridade no mundo teatral lerá unha Mensaxe Internacional, redactada. Neste caso será Robert Lepage, dramaturgo canadiense.

Este ano 2008 coincide tamén coa celebración dos 31 anos do Festival de Teatro Clásico de Almagro.

Suso de Toro tamén difundirá un manifesto galego, lembrando o XXX aniversario do Teatro profesional en Galicia. Esta mensaxe lerase mañá na gala da XII edición dos Premios María Casares nos que se entregarán os galardóns ós gañadores das 13 modalidades, así como o Premio de Honor que este ano recae en Rubén García, promotor da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Este acto, que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, será retransmitido pola TVG.

A continuación tedes algunhas das obras teatrais que se representarán na nosa Comunidade Autónoma nas vindeiras datas:

. 28 de marzo: No Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:oo h. podemos asistir a "Imaxinarium plus" (Conmemoración do 15º aniversario).

. 29/30 de marzo: No Salón Teatro de Santiago o CDG levará á escea "Valdemuller", baseada na obra de X. Antonio Neira Cruz.

. 29/30 de marzo: No Auditorio de Galicia o CCG representará " Kiosco das almas perdidas".

. 14 de abril: En Narón representarase "Mandíbula afilada", protagonizada por Carlos Chamorro e Melani Olivares.

. 16 de abril: No Pazo de cultura de Pontevedra , ás 21:00 h. represéntase "Pagagnini".

. 21 de abril: O CDG , no Auditorio de Narón, representa "Tarará Chis Pum", dirixida ó público infantil.

No hay comentarios:

LinkWithin