Este ano queremos que a Biblioteca tamén sirva para estudiar mellor o noso entorno natural.
Desexamos poñer en práctica un novo proxecto para coñecer as árbores de Silleda, de Galicia e do mundo. E imos empezar por un reto ben difícil: descubrir o nome dunha árbore.
Para conseguilo imos deixar algunhas pistas:
1) O seu nome científico é brosimum alicastrum
2) Medra especialmente en Centro-América.
3) En español leva o mesmo nome que certo profesor do noso centro.
4) Pode acadar os 45 metros de altura.´
5) É da familia das moráceas, (o seu froito son moras).
6) Fíxate ben na foto.
Se te animas a anticipar unha resposta introduce un comentario.
3 comentarios:
Pois coido que ten varios nomes, pero un deles é como o dun compeñeiro de administrativo que marchou para Valencia. jajaja (como vexa esto Marina - que é a experta- o mesmo gaño un coscorrón...)
RAMóN
correctoooooo!!! é a árbore chamada RAMÓN
Publicar un comentario