12/6/08

Mataharis

Esta é unha historia de mulleres que coinciden no lugar de traballo, pero que levan vidas moi distintas. Eva, que acaba de incorporarse á axencia de detectives, é unha persoa que demostra certa sensibilidade cos clientes. Ten dous fillos pequenos e non ten tempo para nada. O seu marido tampouco colabora moito, así que síntese desbordada. Ademais acaba de coñecer unha noticia que fará peligrar a súa relación de parella.

Carmen, a máis veterana das tres, é moi eficiente no seu traballo, pero ve como a súa vida vai desmoronándose e terminará tomando unha decisión importante.

Inés, a máis xoven, é unha muller avispada e valente que decide coller as rendas da súa propia vida e ser coherente cos seus principios.

A película, partindo das vidas das protagonistas, reflexiona sobre varios temas de actualidade: a incomunicación, a falta de tempo das nais de familia que teñen que compatibilizar o horario laboral co coidado dos fillos, a falta de escrúpulos, as mentiras, a soidade, o silencio, o mundo das apariencias...




Mataharis (Icíar Bollaín,2007).

No hay comentarios:

LinkWithin